O castiñeiro, recoñecido polo CTE para usos estruturais nas edificacións

OLYMPUS DIGITAL CAMERAHai uns días tivemos unha moi boa noticia para os bosques autóctonos: Por fin se inclúe no Código Técnico da Edificación (CTE) unha clasificación da madeira de castaño para usos estructurais!!. http://infomadera.net/modulos/noticias.php?id=7870

Ata o de agora só estaban clasificadas as tres especies de piñeiro (Pinus pinster, insigne esylvestris) e o Eucaliptus globulus. Había unha grande desazón ao ver que coma sempre, a lei só cobre as especies industriais, e que en pleno seculo XXI nen sequera se abrira a oportunidade de estudar ningunha máis. Para que se o monte xa estaba sendo infrautilizado polo mercado?

Grazas a uns poucos investigadores (PEMADE entre eles) e coa axuda de Asturies (onde hai máis negocios vinculados a esta árbore), habilitouse este tipo de madeira para que calquera técnico poida utilizala sen medo a non estar dentro da lei e que teña que cubrir coa súa firma calquera posible problema.
 
Recordamos que as estruturas de castaño foron utilizadas dende sempre na construción de vivendas polas grandes cualidades da mesma, tanto en resistencia como en durabilidade.

Desde Cousa de Raíces agradecemos ao arquitecto Denís Gándara por manternos ao tanto desta noticia e aledámonos porque isto supón darlle unha oportunidade ao monte galego, a comunidades de montes que queiran apostar por unha especie distinta ao eucalipto e por revalorizar no mercado o prezo  por cada m3 de castiñeiro.

 
Segundo o arquitecto, pese a que hai quen di que o problema é o crecemento lento do castiñeiro, existen prácticas de silvicultura que permiten un rápido aumento de volume da especie, sendo equiparable neste senso ao piñeiro. Se a isto engadimos unha xestión coidadosa, extensiva e non intensiva, como por exemplo a dos bosques de Valsaín, combinada coa produción de castañas, cogomelos, gando… pódeselle dar unha volta a pésima xestion forestal do país e incluso favorecer a diminución dos lumes.

Animamos por tanto aos propietarios/as de montes que cambien o modelo produtivo forestal dominante.
 
Advertisements

One thought on “O castiñeiro, recoñecido polo CTE para usos estruturais nas edificacións

  1. Unha das millores madeiras do mundo. Grazas a ela coñecemos e conservamos hoxe en dia a maior parte da nosa cultura. A madeira do castiñeiro é única.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s