A madeira estrutural nas II Xornadas de Bioconstrución da ESPIGA

difusion_RS_sinprograma01Xa están aquí as II XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN que organizamos este ano conxuntamente coa DEPUTACIÓN DE LUGO – TERRAS DO MIÑO, o CONCELLO DE RÁBADE e a colaboración da Asociación Galega para a Custodia do Territorio. Este ano terán lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL de Rábade, o vindeiro fin de semana do 26, 27 e 28 de setembro.

O tema elexido para este ano será o da MADEIRA ESTRUTURAL, contemplando nas xornadas un total de 14 conferencias e 4 obradoiros prácticos sobre diferentes temáticas dentro do sector. Máis información en:  http://espigabioconstrucion.org

Quixemos abarcar dende a extracción, xestión dos montes, historia do uso e tipoloxías das madeiras usadas aquí en Galicia, así como todas as aplicacións e sistemas constructivos innovadores, onde poderemos escoitar dende relatores sobre a madeira laminada, contralaminada,  madeira maciza. Ademáis contaremos con un gran número de profesionais que darán información sobre as propiedades e comportamentos da madeira. O obxectivo de estas xornadas é aumentar o uso da madeira estructural en edificación xa non só dende o punto de vista da bioconstrución senón por moitos outros criterios como poden ser a durabilidade, a doada posta en obra e tempos de colocación, a beleza e o confort térmico. Esperamos que vos animedes a traer dúbidas técnicas para comentalas entre todas as asistentes e especialistas, tomando estas un ano máis xornadas como un punto de referencia para o encontro entre profesionais, usuarias e autoconstructoras para resolver dúbidas e compartir coñecementos.

Contaremos coa inestimable presenza dos seguintes relatores:

1.- Xosé Antonio Meixide, Asesor forestal da Consellería do Medio Rural e profesor do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo

2.- Santiago e Luismi Miguel Barrio, xerentes das empresas Madera Pinosoria e Madeiras MIBA.

3.- Organización Galega de Montes Veciñais en Mancomún http://www.orgaccmm.org/

4.- Oscar Villapol, xerente de Laminados Villapol. http://www.villapol.com/lam_madera.php

5.- Asociación de Resineros de Tabuyo – Astorga, León.

6.- Manuel Touza – Dr. Enxeñeiro de Montes. Xefe del área de Innovación e Tecnoloxía do Cis-Madeira

7.- Miguel Nevado – Arquitecto. Consultor  no primeiro edificio de 6 plantas con estrutura de madeira contralaminada en Cataluña.

8.- Fernando López, profesor do FP Melide e María García, coordinadora da Asociación Tríada e representante da Ufa Fabrik Berlin, participantes do Proxecto Leonardo internacional “Construción en madeira e eficiencia enerxética na Formación Profesional”, proxecto no que tamén participan un FP de Dinamarca e outro de Portugal.

9.- Manuel Guaita – Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela do Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC. Profesor de Cálculo de estructuras e promotor e director principal do máster “Enxeñería da Madeira Estrutural”, e director da Plataforma de Enxeñería daMadeira Estrutural PEMADE (www.pemade.com)

10.- Alfonso Lozano Martínez-Luengas- Doctor Enxeñeiro Industrial. Profesor da Universidade de Oviedo. Especialista en restauración arquitectónica e evaluación de patoloxías en edificación.

8-. Natalia Iglesias, directora do Dpto. de Calidade de  SIEROLAM. http://www.sierolam.com/

9-. Rubén Regueira Gay- Doctor Enxeñeiro de Montes. Tesis doctoral en modelización do comportamiento de unións de estructuras de madeira en situación de incendio.

Podedes ver o programa na seguinte imaxe:

Programa_dfusion_web_RRSS

Se queredes divulgar o programa impreso por favor envíanos un correo electrónico a espigabiocosntrucion@gmail.com solicitándoo xa que pesa moito o arquivo.

Este ano tamén será gratuito o acceso a tódalas actividades e conferencias.

ALOXAMENTO

Está habilitada unha zona de acampada gratuita (sen servicios) perto da Casa das Insuas moi perto da zona das xornadas.

Para as que preferides outro tipo de aloxamento, poñemos este listado a vosa disposición:

HOTEL RABADE| Coto Real (0,5 km) | http://www.cotoreal.com/

TURISMO RURAL|

Outeiro de Rei|

Rio Ladra (3 km)| reservas
Reboreda de Abaixo (6 km) | reservas
Lugar de Pascuais (10 km)| reservas

PENSIONS|

Outeiro de Rei|
Soborvila (2 km) | http://www.soborvila.com/
Illan (8 km) | http://www.hostalillan.com/
Gonzalez (8 km) | http://prgonzalez.com/

Begonte|
San Martin (4,5 km)| contacto
Cereixo (6 km)| contacto

Castro de Rei|
Meson de Castro(6 km)| contacto

Outro ano máis, quixemos organizar un xantar comunitario para o sábado 27, que se realizará no CAMPO da FEIRA, moi perto do Centro Sociocultural, que  posibilitará un achegamento entre asistentes e especialistas e compartir dúbidas e coñecemento.

INSCRICIONS

Aínda que a asistencia é de balde (agás o xantar), é preciso a previa inscrición de todas as asistentes, xa que o aforo é limitado. Tendes aquí o formulario para que vos incribades vos mesmas. Se tendes calquera dúbida por favor escribídenos ao enderezo electrónico da asociación.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s