Feira da castaña e do castiñeiro na Eira da Xoana

O vindeiro 9 de vovembro, a Eira da Xoana celebra unha nova edición da Feira de Outono, desta volta dedicada á castaña e ao castiñeiro.
Haberá mercado de produtos locais, artesanía, música, obradoiros… E por suposto, magosto popular.
En breve darémosvos máis información sobre os artesáns e produtores/as participantes e o programa de charlas e mesas redondas arredor deste marabilloso produto.
Se queres participar na feira co teu posto, tocar algo de música ou colaborar, chama aos teléfones 638 475 332 (Marcial) ou 659 683 384 (Pepe).

Celebramos a protección da Fraga ferrolá de Menáncaro

ADEGA-Ferrolterra e outros colectivos convidados (SGHN, Verdegaia, Picos do Sol, Comunidade Menáncaro…..) celebrarán a protección da Fraga de Menáncaro o vindeiro sábado, 4 de outubro. O punto de encontro será ás 16.30 na casa de Ramón-Manolita en Menáncaro. O acto de celebración desta vitoria ecoloxista e veciñal enmárcase na campaña Cousa de Raíces, pola protección do bosque galego.

Seguir lendo