Celebramos a protección da Fraga ferrolá de Menáncaro

ADEGA-Ferrolterra e outros colectivos convidados (SGHN, Verdegaia, Picos do Sol, Comunidade Menáncaro…..) celebrarán a protección da Fraga de Menáncaro o vindeiro sábado, 4 de outubro. O punto de encontro será ás 16.30 na casa de Ramón-Manolita en Menáncaro. O acto de celebración desta vitoria ecoloxista e veciñal enmárcase na campaña Cousa de Raíces, pola protección do bosque galego.

Tras moitos anos de loita, denuncias e reinvidicacións de entidades ecoloxistas , e outros colectivos e veciñanza, unha nova sentenza do TSXG reforza a proteción integral da Fraga de Menáncaro, onde, se pretendía a construción, en plena Fraga de 69 Chalets e un hotel de luxo por medio de unha inmobiliaria.

A Fraga de Menáncaro é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello, xunto coa Fraga de Monte Fontelo (A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte (Leixa) e o Acibreiral das Forxas (Covas), espazos naturais que tamén se deberían conservar e protexer. Un dos feitos que fai de Menáncaro unha zona cunha carballeira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade.

Advertisements

One thought on “Celebramos a protección da Fraga ferrolá de Menáncaro

  1. Felicitar a toda la gente que se ha movido para proteger la fraga de Menáncaro, gente como Ramón y su familia, gente de Adega (especialmente Toni, Miguel, Mónica, Belén, Nés, ..), Socidade Galega de Historia Natural (Piedade, Antonio, ..), Picos do Sol (Xavi,..), Comunidade Menáncaro (Inazio, Lupes, Andrés,…) etc,etc y que gracias a ellos, se ha conseguido proteger esta preciosa carballeira, del proyecto de reallizar una urbanización de chalets y un hotel.
    Graciñas a todos.
    Antonio

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s