Simposium Monte Pindo

unnamedEste sábado 22 de novembro, na Confraría de Pescadores de Lira, a Asociación Monte Pindo Parque Natural organiza o  III simposio sobre o Monte Pindo en Lira (Carnota). Despois do parón provocado polo incendio de 2013, retoma esta pioneira xornada de divulgación científica e debate que aspira a converterse nunha cita imprescindible para a actualidade do Monte Pindo, e ao mesmo tempo ofrecerlle a toda a veciñanza e axentes sociais a posibilidade de pronunciarse libremente sobre o seu pasado, presente e futuro.

Seguir lendo

Xornada sobre a eucaliptización do monte galego

cartel-eucaliptizacion_1_rO  vindeiro sábado 8 de novembro, Verdegaia celebra unhas Xornadas Ambientais baixo o lema “A Eucaliptización de Galicia e a Cornixa Cantábrica” no salón de actos do Ateneo Ferrolán a partir das 10 da maña. Nas mesmas participarán varios expertos de Galicia e outros puntos da Cornixa Cantábrica. Agardamos que conclúan ás oito da tarde cunha mesa redonda sobre Biodiversidade, Eucaliptización e Modelos Alternativos de Política Forestal. O programa das mesmas pódese descargar nesta ligazón.  

Seguir lendo

Silvopastoreo no Barbanza: un modelo de futuro para o monte galego

porcos_(reduc)No monte comunal dos veciños da parroquia de Nebra, no Barbanza, ASOPORCEL (Asociación de Criadores de Porco Celta de Galicia) está a desenvolver un proxecto pioneiro para o futuro do silvopastoreo do monte galego, onde se xunta o modelo tradicional de aproveitamento do monte con animais, coas máis modernas tecnoloxías, impulsando a agrobiotecnoloxía. Trátase dun método de silvopastoreo con 50 exemplares de porco celta que se manexan polo sistema de reflexo condicionado de Pavlov.

Este artigo foi publicado na revista CERNA, de medio ambiente e ecoloxía. Se queres acceder ao texto completo podes premer AQUÍ.