Manifestación na defensa dos froitos do nosso bosque

cartaz_mani_fruga

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e a FRUGA convocan unha manifestación para o sábado 22 de novembro na defensa dos froitos do noso monte. A marcha sairá ás 12 horas da Estación de Tren de Compostela, para esixir a defensa dos froitos do noso bosque. Os montes veciñais en man común ocupan 1/3 do territorio da Galiza.

 Os montes veciñais en mao común ocupan 1/3 do territorio da Galiza (650.000 has). Están xestionados democraticamente por unhas 3.000 comunidades, que reunen aproximadamente uns 250.000 veciños e veciñas comuneiros/as. O monte veciñal é unha seña de identidade propia de Galiza, somente hai esta figura en Galiza e no norte de Portugal.

Na etapa franquista o monte veciñal foille roubado aos seus legitimas propietarios, os veciños e veciñas comuneiros, para ser entregado a diversas administracións públicas. Xa nos posfranquismo procedeuse á devolución, nalgúns  casos  incompleta, aparecendo a figura dos consorcios e dos convenios.   Os consorcios e os convenios é un acordo entre quen ten a lexitima propiedade do monte e a administración forestal, correspondendolle  a esta a xestión do mesmo. A adminstración  forestal  nunca  presentou as  cantas  claras  e  cando  se ve  oblida  a presentalas resulta que as e os comuneiros sempre resultan debedores da administración.

A nova lei de montes de Galiza (lei 7/2012), na súa disposición transitoria novena, dí que se no mes de agosto de 2016 as comunidades que teñan os seus montes con convenios ou consorcios non pagan o saldo deudor estarán abrigadas a asinar un contrato con unha empresa forestal privada. Nesto consiste o roubo legal que prepara a Xunta de Galiza do PP.

A lei de montes do estado Español (lei 43/2003) permite a condonación das débedas dos montes coveniados ou consorciados, sempre que o titular da terra se comprometa a xestionala mediante un instrumento de xestión. Non hai ningunha razón legal, xurídica e técnica que impida condonar as débedas do monte veciñal conveniado  ou consorciado.

As entidades convocantes demandan da Conselleria do Medio Rural e do Mar:

  • Condonacl6n das falsas débedas dos montes veclllais con convenios ou consorcios.
  • Plan orzamentarlo para a posta en valor dos nosos montes. Por un monte multlfunclonal.
  • Proceder de !mediato aos deslindes de todos os montes vecillais por conta da admlnistraci6n.
  • Reinvestlmento diferenciado, atendendo lis condlcl6ns soclals, demográficas e economlcas.
  • Fiscalldade propia para os montes vecillais, non ao Imposto de Sociedade. Por unha fiscalldade galega.

Descargas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s