Exposición Escritos na Floresta

EXPOSICIÓN ESCRITOS NA FLORESTAATT00032

Árbores senlleiras na cultura chairega de Ricardo Polín

VENRES, 12 DE DECEMBRO DE 2014 ÁS 20:30 HORAS

NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudios Chairegos, en colaboración co Departamento de Galego do Instituto Basanta Silva e coa financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, organiza para o vindeiro venres, día 12 de decembro de 2014, ás 20:30 horas, o acto de inauguración da exposición “Escritos na Floresta/Árbores senlleiras na cultura chairega”, da que é autor Ricardo Polín, que será o encargado de levar a cabo a presentación da exposición. Intervirán tamén Xosé Manuel Carballo, que colaborou na mesma, e Manuel Castro Santamariña, presidente do Iescha. O acto incluirá, así mesmo, un pequeno recital poético-musical ,denominado Albre con poemas e comentarios alusivos á simboloxía das árobres na cultura chairega e universal, e no que actuará a violonchelista Paula Rancaño, licenciada no Conservatorio Superior de Madrid.

A mostra está composta por un total de 56 paneis, de 1,20×0,80, que recollen outras tantas árbores senlleiras de distintos sitios da Terra Chá. Os paneis están repartidos en tres seccións distintas, identificadas coas aneis que miden a vida das árbores. Cada Anel, representa un conxunto de árbores clasificadas. Así, poderemos contemplar o ANEL “A RAÍZ”, correspondente ás ÁRBORES HISTÓRICAS; o ANEL “O TRONCO”, con ÁRBORES MONUMENTAIS, e o ANEL “AS PÓLAS”, coas ÁRBORES LITERARIAS. Cada panel vai acompañado de fichas culturais específicas sobre cada unha destas árbores sen par.

O deseño e a maquetación dos paneis son obra de Arturo Gómez Mato, e a achega cartográfica, de Antonio Figueroa.

No corazón da Terra Chá, unha previsora anciá da casa da

Quinta de Folgoso facía manda á espera do derradeiro

tránsito: – Senón que vos vexades moi necesitados, non

vendades os carballiños do Curral…

O pórtico poético da Biblia chairega conta “mil arbres”

baixo este ceo chumbo dominio da “soedá”.

Hai unha relación simbiótica que proxecta as árbores no

ser humano e viceversa. Árbores vivas como símbolo

dunha cultura vizosa; árbores mortas como efixie alegórica

da nación destruída.

Polo horizonte da Chaira, no ermo da xente afeita a camiñar

sen abeiro, son as árbores senlleiras o mastro que fai de guía. Son

palanca do palleiro e armazón das esencias, as árbores da nosa vida.

Polo feito de arraigar, son emblema da paisaxe, experiencia compartida:

raíz da inmortalidade colectiva. Romántica metáfora da vocación nacional,

árbores da cultura. Raíces que penetran esta Terra e nutren aquelas follas

que florecen nunha nova primavera.” (RICARDO POLÍN)

A exposición estará aberta ao público dende o día 12 de decembro de 2014 –inaugración- ata o 11 de xaneiro de 2015, no horario habitual do Auditorio Municipal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s