ADEGA pretende facilitar á cidadanía a denuncia de plantacións ilegais de eucaliptos a facendo uso dun´Kit de emerxencia´ no que se inclúe un modelo de denuncia.
O aumento do cultivo do eucalipto vén da man do abandono agrario e do declive do medio rural galego. A falla dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional, de implicación ambiental e social orquestada dende a administración (“El mundo rural está condenado a desaparecer”, Samuel Juárez, ex-conselleiro de Medio Rural dixit) fai que o destino de moitos montes e terras agrarias sexa o monocultivo, nomeadamente do eucalipto, substituindo de paso ás frondosas autóctonas. Para facilitar á cidadanía das plantacións ilegais de eucaliptos, ADEGA presenta dentro da campaña Cousa de Raíces un modelo de denuncia e información práctica sobre o considerado ilegal pola nova Lei de Montes. Seguir lendo