Roteiros por bosques autoctónos

ADEGA-Lugo dedicará os roteiros de 2015 (período de xaneiro a xuño) ao coñecemento e á reivindicación da posta en valor dos bosques autóctonos de Galicia. Esta proposta entronca coa campañaCousa de Raíces”, unha iniciativa de ADEGA na que participan unha manchea de colectivos.

O obxectivo xeral da campaña é impulsar a imperiosa necesidade de conservar o bosque galego, tanto por parte da Administración pública, que vén amosando unha clara pasividade, como da sociedade en xeral. Esta necesidade obedece ao alarmante retroceso que está a experimentar nos últimos anos o bosque galego, coa conseguinte e irreparable perda do seu valor ambiental, económico social, cultural, etc.

Os roteiros contribuirán a que os participantes coñezan e valoren a grande diversidade de masas forestais autóctonas que, pese ás adversas circunstancias, aínda se preservan en Galicia: soutos, fragas, sobreirais, ameneirais, acevais, loureirais, etc. Nalgunhas rutas poderase constatar tamén as serias ameazas ás que se enfrontan estas masas arbóreas, como por exemplo, a fraga de Casas Vellas de Catasós (Lalín), en perigo por unha liña eléctrica, ou o ameneiral de Sarria, ameazado polo Proxecto de encanamento do río desta localidade.

Sen dúbida, a defensa dun recurso natural sempre será máis efectiva cando teñamos a información sobre o mesmo sexa ampla e de primeira man, por iso convidamos a toda a cidadanía galega a compartir con ADEGA e con “Cousa de Raíces” os mesmos obxectivos e defender os bosques galegos.

Bosques que visitaremos

Sobreiral do Arnego

Cada mes terá lugar un dos roteiros “Cousa de Raíces”:

  • 25 Xaneiro: Fragas de Catasós (Lalín).
  • 22 Febreiro: Bosque de ribeira (Sarria).
  • 22 Marzo: Acevais de Piornedo (Ancares).
  • 19 Abril: Sobreiral do Arnego (Agolada).
  • 24 Maio: Bosque de inundación (Begonte).
  • 14 Xuño: Loureiral de Cortegada (Illas Atlánticas).

Como participar

Adela Figueroa e Anxo Lamelo na presentación do programa de roteiros

Os roteiros están dirixidos a toda a poboación galega e sen exclusión de idade. Son dunha lonxitude non superior ao 15 quilómetros e de xornada completa.

O custe de cada actividade será de 10 euros para socios/as de ADEGA, 15 euros para non socios/as, 12 euros para xubilados, estudantes ou en paro, e 5 euros para menores de 17 anos.

As persoas participantes deberán levar para o camiño comida, calzado e roupa axeitados e reservar praza, como mínimo con 3 días de antelación, chamando ao982 240 299 ou 679 113 718, ou enviando un mail cos vosos datos (nome e apelidos e teléfono) a adegalugo@adega.gal.

As saídas do autobús terán lugar ás 9 horas da mañá en todos os casos, agás no roteiro de xuño, cuxa hora de partida será ás 8 horas, fronte a Facultade de Formación do Profesorado (antigo Maxisterio) de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro.

Ligazóns

Descargas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s