Que facer fronte ás plantacións ilegais de eucaliptos

ADEGA pretende facilitar á cidadanía a denuncia de plantacións ilegais de eucaliptos a facendo uso dun´Kit de emerxencia´ no que se inclúe un modelo de denuncia.

O aumento do cultivo do eucalipto vén da man do abandono agrario e do declive do medio rural galego. A falla dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional, de implicación ambiental e social orquestada dende a administración (“El mundo rural está condenado a desaparecer”, Samuel Juárez, ex-conselleiro de Medio Rural dixit) fai que o destino de moitos montes e terras agrarias sexa o monocultivo, nomeadamente do eucalipto, substituindo de paso ás frondosas autóctonas. Para facilitar á cidadanía das plantacións ilegais de eucaliptos, ADEGA presenta dentro da campaña Cousa de Raíces un modelo de denuncia e información práctica sobre o considerado ilegal pola nova Lei de Montes.

A recente lei de montes galega (Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galiza), aprobada en solitario polo PP, é unha desas normas favorecedoras dos monocultivos e está detrás dun repunte das plantacións de eucalipto.

Porén, existen uns mínimos que aínda limitan a plantación de eucaliptos en parcelas con masas de frondosas autóctonas, en terreos agrícolas, a menos de 15m dos cursos fluvias ou a menos de 100m da liña de costa. E estes mínimos, a todas luces insuficientes para asegurar a correcta conservación dos valores naturais da nosa terra, en moitos casos tampouco están a cumprirse.

Kit de resposta fronte ás plantacións ilegais de eucaliptos

Dentro da campaña “Cousa de Raíces” en defensa dos nosos bosques autóctonos, promovida por ADEGA outras 50 organizacións sociais e gremiais, queremos dar resposta ás numerosas consultas e denuncias de plantacións de eucaliptos. Moitas destas plantacións nen sequera cumpren cos mínimos legais, de xeito que mediante unha denuncia podemos esixir da Xunta o cumprimento da norma e, como xa ten acontecido en moitos casos, conquerir a retirada dos eucaliptos plantados ilegalmente e a súa substitución por frondosas autóctonas.

Entendemos, como propugna a campaña “Cousa de Raíces”, que son a divulgación e a concienciación do valor e as oportunidades vencelladas ao mantemento dos bosques autóctonos, as ferramentas máis efectivas para promover a súa conservación. Porén, este ”Kit de resposta rápida” pretende ser un instrumento útil para salvagardar aquelas masas ameazadas por plantacións de eucaliptos, mediante a denuncia de actuacións ilegais.

Á marxe das actuacións que calquera particular ou entidade queira desenvolver usando este “kit”, en ADEGA seguiremos recollendo, trasladando á administración e denunciando aquelas cortas ou plantacións ilegais que ameazan a supervivencia das nosas frondosas autóctonas.

Contacto da campaña: cousaderaices@adega.gal

Ligazóns

Descargas

Novas relacionadas

Advertisements

6 thoughts on “Que facer fronte ás plantacións ilegais de eucaliptos

  1. Hola! Queria saber que podemos facer para que nos quiten os eucaliptos que estan prantados o pe das nosa leiriña de patacas…. toda a vida foron terras de labranza, e as que son agora de meus paia, segeun a ser pero as colindantes (non hai nin medio metro de separación) estan cos dichosos eucaliptps…..
    Un saudo!!

    • Saúdos, a través desta ligazón, atoparás o kit de denuncia para plantacións ilegais onde atoparás un formulario modelo de denuncia e algúns dos artigos da Lei de Montes que regulan as plantacións ilegais. Por lei non se poden plantar eucaliptos en terras de cultivo e ademais habería que cumprir as distancias ás terras de cultivo anexas, de 10 metros, neste caso:
      http://www.adega.gal/web/media/documentos/0Kit_de_denuncia_PLANTACIONS_EUCALIPTOS.pdf
      Agardamos tervos axudado. Saúdos.

    • Sonia, haveria que mirar a clasificaçom do solo onde estam os eucaliptos prantados. Ainda que a lei de montes de Gz é clara dizendo que nom se podem prantar estas árvores em terreo agrícola ou de pasto, também diz que a lei só é efectiva sobre térreos clasificados como térreo florestal. Polo tanto é provável que si o térreo nom está clasificado como tal o Agente florestal que lhe corresponda atender a denuncia passará a bola ao concelho dizendo que eles nom som competentes por nom ser térreo florestal.

    • denuncialo, ben a traves do Axente Forestal da zona , ou ben a través ga GC, segundo a lei de montes de Galicia de 7/2012 de 28 de xuño, Anexo II, diostancias das plantacions.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s