Roteiro “Cousa de raíces” para coñecer o bosque de ribeira

Bosque de ribeira de SarriaO vindeiro domingo 22 de febreiro, ADEGA realizará un novo roteiro “Cousa de Raíces” para exaltar os valores do bosque ribeira. O traxecto discorrerá polas ribeiras dos ríos Sarria e Celeiro e estaremos acompañados pola Plataforma Sarriana polo río. Este será o segundo roteiro do programa “Cousa de Raíces” a prol dos bosques galegos. O programa de roteiros 2015, titulado “Cousa de Raíces”, que ADEGA-Lugo impulsa este ano, pretende achegar as persoas participantes a algúns dos bosques máis emblemáticos do País, pero sobre todo, a lugares que representen a enorme variedade de floresta autóctona coa que contamos, pese a que nas últimas décadas está fortemente ameazada e en regresión.

Nesta ocasión, a Plataforma Sarriana polo Río guiaranos polos bosques de ribeira da vila sarriá. Esta plataforma que naceu hai un ano pretende defender os valores ribeiraos fronte as obras do proxecto de encanamento do río Sarria, que nestes momentos se están a desenvolver pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil no treito do río que discorre polo Malecón da vila. Grazas ao seu labor conseguiuse salvar gran parte do bosque de ameneiros que visitaremos nesta ruta.

O percorrido do roteiro

Percorrido do roteiro

O traxecto será de 13,5 quilómetros e de dificultade media-baixa.

O roteiro transcorrerá por un fermoso e deleitoso ameneiral atlántico ao longo das ribeiras de dous ríos: Sarria e Celeiro. O ameneiral do río Sarria une o LIC Ancares-Courel coa Reserva da Bioesfera Terras do Miño. O punto de inicio do roteiro será a Vila de Sarria.

O primeiro treito transcorrerá pola Ruta das Aceas á beira do río Sarria, dándonos a oportunidade de visitar varios elementos etnográficos asociados ao río: o muíño de Rigueiro, a Cova de Gaspar, o Muíño do Conde e As Aceas de Arriba e de Abaixo. De volta na Vila, ascenderemos polo Camiño de Santiago ata o Mosteiro da Magdalena e faremos unha parada no seu souto.

Posteriormente, achegarémonos ao Río Celeiro. Descendendo pola súa ribeira toparémonos coa capela románica de Requeixo e avanzaremos ata a desembocadura deste río no Sarria, no lugar da Veiguiña. Desde aquí remontaremos de novo o Sarria ata o centro de Vila, punto de remate do roteiro. Neste lugar teremos ocasión de analizar o impacto das obras de encanamento que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil está a facer no río e que foron e seguen sendo obxecto dunha gran contestación social.

Reserva de praza e prezo

A reserva de praza debe realizarse antes do venres 20 de febreiro, chamando ao local de ADEGA-Lugo (982240299 ou 679113718) ou enviando un mail a adegalugo@adega.gal, indicando o nome e apelidos do participante e un número de teléfono móbil.

A SAÍDA terá lugar ás 9 horas, diante da Facultade de Formación de Profesorado (antiga Escola de Maxisterio), na Avenida de Ramón Ferreiro.

O custe será de 10 euros para socios/as de ADEGA, 15 euros para non socios/as, 12 euros para xubilados, estudantes ou desempregados/as, e 5 euros para menores de 17 anos.

As persoas interesadas en participar deberán levar para o camiño comida e calzado e roupa axeitados.

Ligazóns

Descargas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s