Solicitan a paralización urxente dunha plantación de eucaliptos por afectar un xacemento romano de Riotorto

Os traballos forestais estanse a desenvolver enriba dunha mina aurífera da época romana

Nos labores forestais estase a usar maquinaria pesada

ADEGA e MariñaPatrimonio pídenlle ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que paralice de inmediato a plantación de eucaliptos que está a prexudicar os valores patrimoniais dun xacemento mineiro da época romana de Riotorto e, ao mesmo tempo, solicita a súa inclusión no Inventario Xeral de Bens Patrimoniais de Galicia.

ADEGA e Mariñapatrimonio veñen de informar ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que no lugar de A Muxueira (Riotorto- Lugo) estanse a levar a cabo labores de corta e plantación de eucaliptos enriba dun xacemento aurífero da época romana.

Ambas organizacións denuncian que para eses labores se está a usar maquinaria pesada poñendo en risco os valores do xacemento. Así mesmo, abríronse novas pistas que lamentablemente están a modificar modificar a morfoloxía da antiga explotación aurífera romana. Este xacemento non está inventariado oficialmente polo que é un ben patrimonial descoñecido para a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Na actualidade só están inventariadas algunhas destas minas nos concellos de Foz e Barreiros, pese a abundancia de xacementos deste tipo na zona oriental da Mariña. En concreto, o concello de Riotorto conta cun bo número de explotacións mineiras de época romana, algunhas de gran espectacularidade e importancia. Na  Muxueira atópanse varias: un grupo delas conforman o que podería denominarse un complexo mineiro, formado por tres grandes trincheiras a ceo aberto: As Grobas, O Palo Ribeiro e  A Chousa do Baño. Esta última é a que se viu afectada polos traballos forestais.

A mina Chousa do Baño pertence a un complexo mineiro romanoADEGA e MariñaPatrimonio solicitamos a inmediata paralización dos labores forestais que afectan o xacemento arqueolóxico, que se estuden os danos ocasionados, e ao mesmo tempo que se inclúa este complexo mineiro da Muxueira no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia.

Ligazóns

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s