Dende a aprobación da Lei de Montes en 2012 pola maioría do PP, as denuncias por plantacións ilegais e cambios de usos aumentaron nun 274%. Era visto: a lei favorece os monocultivos, nomeadamente do eucalipto e permite as cortas a feito de carballeiras. ADEGA vén de obter información sobre o número de denuncias que se tramitaron na xefatura provincial de Lugo da Consellaría de Medio Rural e do Mar dende a posta en vigor da Lei de Montes en agosto de 2012 até decembro de 2014. Segundo os datos facilitados pola propia Administración, nese período na provincia de Lugo rexistráronse 1.104 denuncias, das cais a maioría (75%), corresponden a cambios de uso ou actividade do solo (art. 60 e 61), repoboacións de eucaliptos onde antes había especies frondosas (art. 67.4); relacionadas coa prohibición de plantar en terreos agrarios (art. 67.1.), ou con incumprimentos de distancias (anexo II). Dos datos achegados pola Xunta chama a atención que tan só un 16% das denuncias tiveron sanción.
Monthly Archives: Marzo 2015
III Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural en Carballo (Friol)
A Asociación cultural Carballo Vivo de Friol, entidade que forma parte da campaña “Cousa de Raíces”, está a organizar unhas xornadas de dinamización do medio rural para os días 11, 18 e 25 de abril. Estas xornadas pretenden contribuír a promover o interese pola cultura e tradicións propias da parroquia de Carballo e do Concello de Friol, ademais de supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer experiencias e estratexias que nos permitan contribuír a impulsar iniciativas de desenvolvemento social e económico na nosa contorna. Consulta o programa a continuación.
Plantacións de pirófitas en Rede Natura ameazan a especies en perigo de extinción
Máis pirófitas en Rede Natura: para que vale o Plano Director?
ADEGA volve denunciar plantacións ilegais en Rede Natura. Se a semana pasada denunciaba unha plantación ilegal de eucaliptos, previa tala de bosque autóctono na RN2000 da Zona de Especial Conservación Xubia-castro, desta volta tócalle ao ZEC Canón do Sil. No concello de Parada de Sil, ao Oeste do lugar de Caxide e ao longo de estrada de Parada a Luintra estase a realizar unha plantación de piñeiros con afectación aos hábitats comunitarios Breixeiras sexas europeas (cód. Hábitat CE 4030) e Carballeiras galaico-portuguesas (9230).
Seguir lendo
Cousa de Raíces participa nunha charla sobre a xestión alernativa dos nosos montes
Encontro: “A Xestión dos nosos montes. Problemáticas e Alternativas”
O Colectivo Terra de Pontedeume organiza unha mesa redonda para este venres 13 de marzo na que participará a campaña “Cousa de Raíces” a través do facultativo medio ambiental Felipe Castro e do colectivo ecoloxista Verdegaia.
A súa charla de Felipe Castro versará sobre “Alternativas para o monte. Produción e valorización” e a de Miguel Anxo Fernández (Verdegaia) da eucaliptización dos nosos montes.
Completará esta mesa redonda a Enxeñeira técnico-forestal Mª Amparo Ferreira.
O acto terá lugar ás 20 horas na Casa de Cultura de Pontedeume.
Acude!