III Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural en Carballo (Friol)

III_xornadas_carballo_vivo_Página_1A Asociación cultural Carballo Vivo de Friol, entidade que forma parte da campaña “Cousa de Raíces”, está a organizar unhas xornadas de dinamización do medio rural para os días 11, 18 e 25 de abril. Estas xornadas pretenden contribuír a promover o interese pola cultura e tradicións propias da parroquia de Carballo e do Concello de Friol, ademais de supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer experiencias e estratexias que nos permitan contribuír a  impulsar iniciativas de desenvolvemento social e económico na nosa contorna. Consulta o programa a continuación.

OBXECTIVOS:

-Proporcionar espazos de encontro, intercambio e formación entre os veciños e veciñas.
-Afondar no coñecemento da nosa historia e patrimonio material e inmaterial.
-Divulgar axudas que poidan resultar de interese.
-Contribuír a promover a integración de colectivos xuvenís, de mulleres, de maiores e  colectivos desfavorecidos en xeral.
-Coñecer experiencias que poidan resultar de interese para os veciños e veciñas.
-Difundir as diferentes iniciativas e proxectos relacionadas co sector forestal e
agrogandeiro.

DESTINATARIOS DA ACTIVIDADE:

Aberto para tódolos públicos do concello de Friol de tódalas idades e profesións.

LUGAR DE CELEBRACIÓN:

Centro social da parroquia de Carballo (antiga escola)

DÍAS

11,18 e 25 abril

III_xornadas_carballo_vivo_Página_2PROGRAMA

DÍA 11 de Abril

10:00 Café de benvida
10:15 Inauguración
AASS Carballo Vivo, Excma. Deputación Provincial de Lugo , Concello de Friol, Universidade de Santiago Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
10:30 Conferencia saúde “O Infarto de Miocardio” Servizo de Cardioloxía do HULA dirixido por Calos González Juanatey
11:30 Coloquio saúde “O Infarto de Miocardio”, Servizo de Cardioloxia do HULA
Doutor Luís M. Reboredo Pazos. Doutor Mauro Mourín González
12:15 Pausa
12:30 Historia dos Montes Veciñais
Historia e características propias.
Montes Comunais e Propiedades particulares
Dr. Xesús Balboa López
Profesor USC de Historia Contemporánea e de América.
16:30 O lobo no medio rural “ Depredación do Lobo sobre a gandería”
Dra. Laura Lagos Abarzuza
Instituto de Investigación e Análise Alimentarios
Universidade de Santiago de Compostela
Dr. José Vicente López-Bao.
Unidade Mixta de Investigación en Biodiversidade
(UO-CSIC-PA), Universidade de Oviedo
Mesa redonda: Alternativas e oportunidades de futuro derivadas da presenza do lobo no medio rural.

**

DÍA 18 de Abril

10:30 Café de benvida
11:00 Proxección de vídeo e material gráfico: A ensinanza e as escolas na antiga Galicia rural.
12:00. Pausa
12:15 Obradoiro da memoria “A Escola na posguerra”
Coordinadores: José María Carricoba e Blanca Castro Gerpe. Mestres do CPI de Friol.
16:30 Xogos populares
Instalacións do club fluvial de Friol
19:00 Entrega de premios aos mellores xogadores

**

DÍA 25 de Abril

10:00 Café de benvida
10:30 Agrogandería
Apícola: “propiedades do mel e produtos derivados das abellas”
AGA (Asociación Galega de Apicultura)
Porco Celta: “características da carne de Porco celta e explotación en extensivo”
Asoporcel (Asociación Porco Celta)
14:00 Xantar
17:30 Actuación Contacontos
Charo Pita Villares
Lugar: Museo Fortaleza de San Paio de Narla

Os que desexen participar no xantar, teñen como data límite para anotarse o día 20 de abril, comunicándollo á directiva da asociación ou por correo electrónico: carballovivo@gmail.com
Prezo por persoa: 15 euros
Lugar: Restaurante Roimil

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s