A ONU proclamou o 22 de maio Día Internacional da Diversidade Biolóxica, para subliñar a importancia de conservar este patrimonio. Este ano o lema é “Biodiversidade para o desenvolvemento sustentábel”.
Unha manchea de colectivos sociais adscritos a esta campaña “Cousa de Raíces” queremos amosar as nosas experiencias para criar riqueza e dinamizar o rural, fuxindo dos monocultivos e o abandono que promoven algunhas institucións.
Na publicación “Experiencias sostibles no monte galego” damos conta de 22 iniciativas que se están a desenvolver en Galiza baseadas na aposta polas especies forestais autóctonas, na diversifiación das producións, na recuperación de terras de cultivo e razas galegas, no aproveitamento dos froitos do bosque, etc.
O documento estará dispoñible a partires de hoxe nesta web en formato dixital e será totalmente accesible.