Montenoso estrea web e participa no curso sobre a re-invención dos comúns

comunsBranco

Montenoso participará no curso de verán A Reinvención dos Comúns, que terá lugar o 18 e 19 de xuño na USC e que conta na co-organización coas comunidades Proxecto Derriba, Alg-a laboratório e Ergosfera. E o próximo sábado 16 de maio presenta a súa nova web, cun mellor sistema de visualización da información, así como a nova versión da cartografía do mancomún, impulsada dende o voluntarismo do comisión de traballo de TICS do colectivo montenoso.

Curso de verán: A re-invención dos comúns

Montenoso participa no curso de verán A Reinvención dos Comúns, que terá lugar o 18 e 19 de xuño na USC e que conta na co-organización coas comunidades Proxecto Derriba, Alg-a laboratório e Ergosfera.
Dende este lugar de encontro queremos convidarvos a pensar outros modos de habitar, de novo, o lugar, que cuestionen a lóxica temporal do propio. O curso convirtese nun obradoiro no que re pensar os comúns como facedores de posibilidades, por iso gustaríanos contar coa túa presenza.
O curso ten un custe de 70 e 40€ e o prazo remata o 12 de xuño.

Tedes máis información nesta ligazón: http://proxectoderriba.org/a-re-invencion-dos-comuns-cultura-dixital-e-territorio/

Web + andaina + xantar popular

O próximo sábado 16 de maio presentamos a nova web de montenoso, cun mellor sistema de visualización da información, asi como a nova versión da cartografía do mancomún, impulsada dende o voluntarismo do comisión de traballo de TICS do colectivo montenoso.
Este encontro coorganizase xunto a Comunidade de Veciños do Monte Veciñal en Man Común de Carballo (Friol, Lugo) con quen teremos a posibilidade, a través dun roteiro, de coñecer como están a valorizar os seu monte. Ao final do encontro teremos a posibilidade de xantar xuntxs.

O encontro é de balde, mais precisamos que vos apuntedes mediante o correo ola@montenoso.net
Aquí tedes máis info: http://montenoso.net/caminando-pola-nova-web-e-polo-monte-en-o-carballo

Máis info: http://montenso.net

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s