Roteiro de Mariñapatrimonio pola Fraga das Vigas

RoteiroMariñaPatrimonio retoma os roteiros polas fragas da nosa contorna dentro da campaña Cousa de Raíces para a posta en valor e o recoñecemento do bosque autóctono. O próximo 5 de xullo, domingo, fará un fermoso percorrido entre os concellos de Alfoz e Abadín pola Fraga das Vigas, formada pola cabeceira do río de Figueiras, que desemboca no Masma en Viloalle. Estades convidadas/os!

Seguir lendo

Escoita en Radio Cerna algunhas das experiencias sostíbeis no monte galego apoiadas por Cousa de Raíces!

Durante esta semana, Radio Cerna, espazo radiofónico de ecoloxía e medio ambiente promovido por ADEGA, dedicou dous dos seus espazos a difundir algunhas das experiencias sostíbeis no monte galego que aparecen recollidas na publicación que recentemente presentou “Cousa de Raíces” para poñer en valor e destacar algunhas das iniciativas galegas que tratan de aproveitar o monte de maneira sostíbel. Podes escoitar os programas de Radio Cerna a continuación.

Seguir lendo

Visita a Cortegada para pechar o ciclo de roteiros “Cousa de Raíces” 2015

O domingo 14 de xuño, ADEGA-Lugo pecha o ciclo de Roteiros “Cousa de Raíces” cunha visita á Illa de Cortegada para coñecer o seu bosque de loureiros e outras das súas singularidades. Este será a derradeira ruta “Cousa de Raíces” das seis que fixemos ao longo deste ano para reivindicar e poñer en valor distintos tipos de bosques galegos.

Nesta ocasión, o roteiro tratará de dar a volta á Illa de Cortegada (4 km) e será de dificultade baixa.

Seguir lendo