Visita a Cortegada para pechar o ciclo de roteiros “Cousa de Raíces” 2015

O domingo 14 de xuño, ADEGA-Lugo pecha o ciclo de Roteiros “Cousa de Raíces” cunha visita á Illa de Cortegada para coñecer o seu bosque de loureiros e outras das súas singularidades. Este será a derradeira ruta “Cousa de Raíces” das seis que fixemos ao longo deste ano para reivindicar e poñer en valor distintos tipos de bosques galegos.

Nesta ocasión, o roteiro tratará de dar a volta á Illa de Cortegada (4 km) e será de dificultade baixa.

O percorrido

Cortegada é a principal illa do arquipélago que leva o seu nome e forma parte do “Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia”. A súa localización abrigada no interior da ría de Arousa facilitou o asentamento nela do bosque de loureiros máis espectacular da Península Ibérica.

Nun sinxelo percorrido pola illa, de relevo chairo e unha cota máxima de 19 metros, teremos ocasión de deleitarnos con este singular loureiral, no que conviven tamén outras especies.

Ademais, visitaremos os restos das vivendas dos derradeiros poboadores así como doutras construcións emblemáticas  asociadas ás peregrinacións a Santiago: a ermida dos Milagres, un hospital de peregrinos, posteriormente convertido en lazareto, cruceiros, etc.

Nese percorrido tamén coñeceremos a historia de Cortegada, doada ao rei Afonso XIII a comezos do século XX, expropiada durante a II República e recuperada logo pola familia Borbón, que posteriormente vendeu a unha inmobiliaria para construír alí un complexo turístico. Finalmente, a illa foi expropiada pola Xunta e pasou a formar parte do mencionado Parque Nacional, quedado así preservado o seu valor ambiental e a disposición da cidadanía.

O roteiro será guiado polo biólogo Xurxo Mouriño, gran coñecedor do Parque Nacional.

Reserva praza!

SENTÍMOLO, AS PRAZAS XA ESTÁN ESGOTADAS!

Advertencia!: O número de prazas xa está esgotado pero podes anotarte na lista de agarda por vía telefónica, chamando ao local de ADEGA-Lugo (982240299) ou ao móbil (679113718).

A SAÍDA do autobús terá lugar o domingo, 14 de xuño, diante da Facultade de Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio) ás 8 HORAS.

Tamén faremos parada en Santiago de Compostela ás 9.20 HORAS diante do Pazo de Congresos de San Lázaro.

As persoas que se despracen ata o Porto de Carril en vehículo propio, tamén deben efectuar a reserva por vía telefónica.

Se por algunha razón, as persoas que xa teñen reservado praza non poden asistir ao roteiro, prégase que avisen por teléfono coa máxima antelación posible para dar cabida a que outra xente participe.

Prezos

Os prezos inclúen traslado en autobús, barco e kayaks (o uso de kayaks é opcional, polo que as persoas que desexen facer uso deles terán que indicalo na reserva):

  • Xeral: 25€.
  • Estudantes, xubilad@s e desempregad@s: 22€.
  • Soci@s de ADEGA: 20€.
  • Ata 17 anos: 12€.
  • Persoas que non fagan uso do autobús (quedada no Porto de Carril): 10€.

O pago realizarase no autobús ou no porto de Carril.

Recomendacións

As persoas participantes deberán levar roupa e zapatos cómodos para camiñar e tamén comida e bebida.

Ademais, recomendamos levar roupa de baño.

Ligazóns

Descargas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s