Escoita en Radio Cerna algunhas das experiencias sostíbeis no monte galego apoiadas por Cousa de Raíces!

Durante esta semana, Radio Cerna, espazo radiofónico de ecoloxía e medio ambiente promovido por ADEGA, dedicou dous dos seus espazos a difundir algunhas das experiencias sostíbeis no monte galego que aparecen recollidas na publicación que recentemente presentou “Cousa de Raíces” para poñer en valor e destacar algunhas das iniciativas galegas que tratan de aproveitar o monte de maneira sostíbel. Podes escoitar os programas de Radio Cerna a continuación.

foto_cabecera.jpg

Nestes dous espazos radiofónicos de Radio Cerna recóllense e descríbense 4 experiencias que aparecen incluídas na publicación de Cousa de Raíces “Experiencias sostíbeis no monte galego”. As experiencias foron explicadas na Feira de Primavera da Eira da Xoana, na Agolada, o pasado día 7 de xuño, a través dos seus promotores e protagonistas directos. Amósanse as experiencias de Montes de Carballo (Friol) e Montes de Paraños (Covelo)

Preme aquí para escoitar:

Experiencias sostíbeis no monte veciñal: Montes de Carballo e Paraños

E no segundo espazo, mostramos a experiencia de Granxas de Lousada (Irixoa) e Montes de Nebra (Porto do Son). Tamén participa un membro de Asoporcel para explicar como funciona un sistema innovador de manexo do porco celta para terreos forestais, que se fundamenta no reflexo condicionado de Pavlov.

Preme aquí para escoitar:

Experiencias sostíbeis no monte galego co porco celta

Visualiza aquí o documento completo “Experiencias sostíbeis no monte galego”:

Descárgao aquí:

20140223_114649

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s