Roteiro de Mariñapatrimonio pola Fraga das Vigas

RoteiroMariñaPatrimonio retoma os roteiros polas fragas da nosa contorna dentro da campaña Cousa de Raíces para a posta en valor e o recoñecemento do bosque autóctono. O próximo 5 de xullo, domingo, fará un fermoso percorrido entre os concellos de Alfoz e Abadín pola Fraga das Vigas, formada pola cabeceira do río de Figueiras, que desemboca no Masma en Viloalle. Estades convidadas/os!

O roteiro, de dificultade baixa e cun percorrido aproximado de 8 – 10 km, ten un atractivo engadido pola coincidencia coa colleita de arandos deste ano. Ao longo desta camiñata ímonos atopar con abondosas arandeiras , que nos permitirán gozar dos seus gorentosos froitos.

O punto de encontro será no Frenazo, en Alfoz, ás 10:30 horas. Dende alí, organizarémonos para levar os menos coches posibles até a Fraga Vella, onde arrancará a camiñata. Os/as participantes neste roteiro levarán a súa comida e o regreso será a media tarde. O prezo da actividade é de 3 € para os/as socios/as e de 5 € para os/as non
socios/as.

Para máis información e para apuntarse contactar no teléfono 619553236 .Miguel Vizoso
ou no correo mr.patrimonio@gmail.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s