Monthly Archives: Outubro 2015
Presentación da campaña “Cousa de Raíces” en Ferrolterra
O pasado sábado dia 19 de setembro a delegación de ADEGA-Ferrolterra levou a cabo a presentación da Campaña de Cousa de Raíces na comarca, concretamente, na paraxe coñecida como a Casa do Monte ou tamén Pazo do Monte en Santa Icía (Ferrol). O acto consistíu nunha pequena charla sobre a situación do noso bosque autóctono, que na actualidade só representa o 30% da superficie arborada e en retirar os eucaliptos que estaban a agromar nunha parcela pública con vocación de carballeira.