Presentación da campaña “Cousa de Raíces” en Ferrolterra

nes e manelO pasado sábado dia 19 de setembro a delegación de ADEGA-Ferrolterra levou a cabo a presentación da Campaña de Cousa de Raíces na comarca, concretamente, na paraxe coñecida como a Casa do Monte ou tamén Pazo do Monte en Santa Icía (Ferrol). O acto consistíu nunha pequena charla sobre a situación do noso bosque autóctono, que na actualidade só representa o 30% da superficie arborada e en retirar os eucaliptos que estaban a agromar nunha parcela pública con vocación de carballeira.

Na presentación da campaña “Cousa de Raíces” en Ferrolterra interviu Manel Casal (vogal de medio rural de ADEGA) e Nés Lopes, da directiva local da organización, para explicar brevemente cales son so beneficios do bosque galego (autóctono) fronte as plantacións de monocultivo de especies pirofitas, como o eucalipto, e que están a sobrepasar en superficie ao bosque galego. Determinadas zonas, como o Ortegal, chegan a ter máis plantacións de eucaliptos que algúns países centroeuropeos cos problemas que isto conleva tanto para a biodiversidade (a flora e a fauna autóctona non se adaptan a estes cultivos), como para o solo (acidificación) ou para a redución da dispoñibilidade da auga. As plantacións de pirofitas tamén favorecen os incendios forestais, a degradación do chan, ect.

Manel eucaliptoNeste acto tamén se esixiu ás autoridades tanto locais como as da Xunta de Galiza, que desenvolvan accións para  por en valor o noso bosque autóctono e para concienciar a sociedade da súa necesaria conservación, e que ao mesmo tempo tomen medidas efectivas para comenzar a reducir o número de eucaliptais, en virtude das especies autóctonas, a través dunha xestión forestal racional, sostible e equilibrada.

Tras a charla, membros de ADEGA retiraron varias plantas de eucaliptos que estaban a agromar na parcela Casa do Monte cedida hai anos por unha particular ao concello, coa condición de que non se tirasen os carballos. Sen embargo, hai un ano algúns dos carballos foron talados. Ao final do acto, ADEGA-Ferrolterra plantou varias plantas de carballos en dito terreo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s