Compartimos con vós un artigo que saiu publicado na edición de Outono da revista de ecoloxía e medio ambiente CERNA, editada por ADEGA, na que se fai un repaso do primeiro ano da campaña “Cousa de Raíces”. Grazas a todas as persoas, colectivos e entidades que estades participando na campaña por defender o bosque galego! E a seguir loitando!
Tras un ano desde o impulso da campaña “Cousa de Raíces” na defensa do bosque galego, o número de asociacións, colectivos, plataformas, centros de investigación, comunidades de montes, empresas e particulares que se uniron a esta iniciativa non deixou de medrar. Actualmente participan dela máis de 50 entidades. O alcance da campaña, como así estaba previsto, vén marcado pola proposta de accións e colaboracións establecidas entre os seus membros, que procuran defender o bosque autóctono galego desde varios eidos con carácter reivindicativo, divulgativo ou educativo e de intercambio de coñecementos. Neste artigo, presentamos un breve resumo dos avances que se teñen dado durante este ano no marco da campaña “Cousa de Raíces”.
Podes acceder ao artigo completo en: