Plantar eucaliptos a carón do Camiño de Santiago, falta grave e 4800€ de multa

ADEGA vén de coñecer a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio á denuncia presentada pola delegación de ADEGA en Lugo dunha plantación de eucaliptos en de Palas de Rei, en pleno Camiño Primitivo. Trátase dunha infracción administrativa grave por incumprimento da Lei do Patromonio Cultural de Galiza (art. 91h), sancionada con 4800€ e reposición da legalidade, ao danar un ben do patrimonio cultural galego.

A parcela obxecto da plantación está situada dentro do espazo delimitado de protección do Camiño Primitivo onde se atopan dous elementos ligados ao patrimonio material e inmaterial asociado ao Camiño Primitivo, que son “Os penedos da Casacamiño” e “Os penedos do Hospital”. Estas curiosas formacións de seixo acubillan lendas sobre máxicos castelos nos que habitaban seres míticos. Estes elementos culturais do camiño Primitivo veríanse afectados pola plantación de eucaliptos, ademais de quedaren totalmente ocultos unha vez que o eucaliptal medre.

Malia a ter sido denunciada tamén esta plantación diante de Medio Rural por supoñer un cambio de usos non autorizado (incumprindo os artigos 61, 67 e 128-i da Lei 7/2002, do 28 e xuño, de montes de Galiza) a administración de montes, ao contrario que a cultural, non advertíu infracción algunha.

Dase a casualidade de que hai aproximadamente 2 anos esta mesma zona sufriu un lume que calcinou totalmente a parcela agora forestada con eucaliptos. Consideramos que esta plantación con especies pirófitas no mesmo lugar afectado polo lume non é casual, afonda no deterioro do solo e vai en contra do artigo 59 da Lei de Montes, algo que non veu ou non quixo ver Medio Rural.

No combate contra o eucalipto hai algunhas ferramentas legais (Lei de Montes, Lei do Patrimonio Cultutal, Lei de Conservación da Natureza) que permiten á cidadanía defenderse contra esta invasión. Sen as denuncias dos colectivos ecoloxistas (máis de 1100 só en Lugo dende a aprobación da Lei de Montes, a maioría resoltas) a situación sería moito pior.

Porén, a excesiva permisividade e desleixo por parte das administracións cara esta ameaza, fai necesario un amplo movemento social de resposta. En ADEGA chegaremos mesmo até a vía xudicial para salvar das gadoupas da patronal pasteira amplas áreas do noso territorio até o de agora libres de eucalipto e que están a ser silandeiramente colonizadas.

Novas relacionadas

Advertisements

One thought on “Plantar eucaliptos a carón do Camiño de Santiago, falta grave e 4800€ de multa

  1. Pingback: PLANTACIÓN DE EUCALITOS - Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s