Esta fin de semana, actividades a prol do bosque galego

Esta fin de semana, as organizacións Montenoso e ADEGA realizarán accións na defensa do bosque galego. Este sábado, Montenoso realizará unha ocupación simbólica dos Montes do Chá (Ferrol) coa plantación de árbores autóctonas. Pola súa parte, ADEGA, dentro da campaña “Stop eucalilpto, avante carballo!”, organiza unha xornada de eliminación de eucaliptos nunha parcela forestal titularidade da Fundación Eira na Eira da Xoana.

SÁBADO, 12 MARZO. MONTENOSO: OCUPACIÓN SIMBÓLICA DUN MONTE PLANTANDO ÁRBORES AUTÓCTONAS

A Asociación Montes Veciñais do Cha, convoca unha ocupación activa nos Montes do Cha (Ferrol) o sábado 12 de marzo, invitando a todos os interesados en colaborar na reinividicación do monte Cha como monte veciñal. A veciñanza de Brión e San Román de Doniños leva décadas loitando polo monte de seu e por iso organiza esta acción, co obxectivo de implicar á cidadanía na defensa do carácter comunal dese monte. O monte Cha sitúase no cumio da montaña entre a entrada da ría de Ferrol e o val de Doniños. Conta con 230 hectáreas que na actualidade están xestionadas polo Concello de Ferrol.
A comunidade veciñal quere que o seu monte teña a mesma condición que outros tantos 3.000 montes veciñais en man común en Galicia, no que a propiedade do monte recae nos veciños e veciñas que residen de forma habitual nese territorio. Así poderían autoxestionar o monte dunha forma sustentable e entre todas as mans.
A través desta acción, a Asociación Monte Veciñal do Cha, convidannos a participar neste encontro que comeza ás 10:30 no lugar de O Confurco, entre Cariño e Doniños (Ferrol). Alí poderemos plantar acivros, carballos

e outras árbores autóctonas, e todo bañado con música, un xantar e refrixerios para os que colaboren con esta ocupación simbólica e temporal dun monte veciñal.
Apoiar este encontro supón acreditar no potencial desta comunidade veciñal, que leva moito tempo traballando en común e de forma activa pola recuperación dun monte que no pasado, dende tempos inmemoriables, era propiedade da comunidade veciñal do lugar.

DOMINGO, 13 DE MARZO: ADEGA: XORNADA DE ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS NA EIRA DA XOANA

O domingo 13 de marzo nas fincas en custodia da Fundación Eira en Ramil (Agolada) continuaremos coas tarefas de eliminación de eucaliptos encetadas o pasado ano. Dentro da campaña en defensa do bosque autóctono e contra a expansión do eucalipto, que este 2016 centrará a actividade de ADEGA, convidámosvos a participar nunha xornada de eliminación de eucaliptos que invaden os montes custodiados pola Fundación Eira.
Será en horario de tarde, a partires das 16:30h, nas instalacións da Fundación Eira (Eira da Xoana) sitas en Ramil (Agolada).

PROGRAMA

-16:00 Cita na Eira da Xoana. Apresentación do proxecto da Eira da Xoana.
-16:10 Charla introdutoria sobre a custodia do territorio, a problemática do eucalipto e a campaña en defensa do bosque autóctono.
-16:30 Desprazamento ás fincas, conformación dos grupos e reparto do material.
-19:30 Remate da actividade.

Imprescindíbel apontarse. Cupo máximo de 40 persoas por orde de inscrición. Chamar a ADEGA (981570099) ou enviar un correo a adega@adega.gal
Organiza: ADEGA; Colabora: Fundación Eira

Ligazóns

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s