Publicado en Galicia Confidencial | Fene | 29/03/2017 | Actualizada ás 10:20
Crearán unha pirámide de madeira morta. É o xeito que teñen os comuneiros e o Concello de poñer en valor un dos grandes insectos dos montes do país. A Comunidade de Montes de Marraxón, Sillobre e a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Fene acaban de poñer en marcha unha curiosa iniciativa para a rexeneración e posta en valor do monte comunal. O seu obxectivo é poñer en valor o monte e, de paso, homenaxear a un dos seus grandes insectos, o escornabois ou vacaloura, que está en perigo de extinción.