Cousa de Raíces será presentada este sábado en O Vicedo

cartaz-xornadas-forestaisADEGA presentará esta sábado, 18 de marzo, no Vicedo a campaña “Cousa de Raíces”, de posta en valor do bosque autóctono e a multifuncionalidade do monte. Será no marco das Xornadas forestais organizacións pola Asociación Nordés tituladas “Para que serve o monte?” e que intentan abrir o debate sobre a predominancia do monocultivo do eucalipto sobre outros usos do monte galego.

O despoboamento das aldeas e envellecemento da poboación, co conseguinte abandono das terras de pasto e cultivo, unido a factores coma o rápido crecemento do eucalipto frente ás especies autóctonas, a demanda e promoción da produción por empresas coma ENCE, o que supón ingresos a curto prazo (15 anos para a tala), fai que o eucalipto sexa a árbore predominante na nosa paisaxe.

Este continuo avance do eucalipto a costa doutras especies e das leiras é dende sempre obxecto de enfrontamento entre promotores e plantadores-propietarios dun lado, e sectores sociais contrarios a este monocultivo dunha especie invasora doutro.

Co obxectivo de abrir debate, dar a coñecer alternativas, e poñer en común experiencias arredor da silvicultura, Nordés organiza unhas “Xornadas forestais” o sábado 18 de marzo, na Casa da Cultura do Vicedo.

Na palestra das 19:00 horas, o membro de ADEGA, Xosé Manuel Rodríguez, presentará a campaña “Cousa de Raíces” destinada a poñer en valor o bosque autóctono galego. A palestra levará por título: “Non todo é eucalipto: outros aproveitamentos, alternativas e experiencias prácticas. Lexislación aplicable.” 

A xornada completarase tamén coas seguintes palestras:

18:00h.” Para que sirve o monte? Servizos dos bosques para a cidadanía e impacto dos monocultivos de eucalipto” da man de Sergio París, Enxeñeiro Técnico Forestal e Secretario da Sociedade Galega de Ornitoloxía.

20: 30h., contaremos coa experiencia do resineiro Fran Dominguez para falarnos da súa labor como tal en Loiba.

Agardámovos!

Ligazóns

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s