Homenaxe en Fene ao escornabois, unha das especies en perigo de extinción

Resultado de imagen de escornaboisPublicado en Galicia Confidencial | Fene | 29/03/2017 | Actualizada ás 10:20

Crearán unha pirámide de madeira morta. É o xeito que teñen os comuneiros e o Concello de poñer en valor un dos grandes insectos dos montes do país. A Comunidade de Montes de Marraxón, Sillobre e a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Fene acaban de poñer en marcha unha curiosa iniciativa para a rexeneración e posta en valor do monte comunal. O seu obxectivo é poñer en valor o monte e, de paso, homenaxear a un dos seus grandes insectos, o escornabois ou vacaloura, que está en perigo de extinción.

Os comuneiros queren que o monte se converta nun “espazo de esparcemento e lecer, didáctico, cultural e respectuoso co medio ambiente”. Por iso, inaugurarán unha pirámide de madeira morta realizada en Marraxón.

As pirámides son troncos de madeira colocados e ordenados a diferentes alturas que proporcionan madeira morta en descomposición aos insectos saproxílicos, entre eles o escornabois/vacaloura (lucanus cervus),o maior escarabello de Europa, especie en regresión debido á perda do seu hábitat e protexido polos convenios de Berna e a Directiva Hábitats.

“É por iso que dende o Concello de Fene e a Comunidade de Montes tamén queremos facer unha pequena homenaxe ao escornabois/vacaloura coa construción desta pirámide”, apuntan nun comunicado. Será nun acto que terá lugar este sábdo e no que participará o entomólogo da Sociedade Galega de Historia Natural, Pablo Torrella.

Ademais os comuneiros rehabilitaron e acondicionadas dúas charcas para favorecer o hábitat dos anfibios.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s