O pasado sábado, 22 de abril, coincidindo co Día da Terra, centos e persoas convocadas na Praza do Obradoiro pola plataforma “Cousa de Raíces” e pola Asemblea compostelá contra a eucaliptización, reclamaron o freo ás novas plantacións de eucaliptos en Galicia, ao berro de “Abonda Xa!”. Entre ás 12.00 e 13.30 horas dese día a Praza do Obradoiro converteuse nun grande eucaliptal como mostra do desleixo co que a Administración galega está a tratar as plantacións ilegais de eucaliptos en agras, bosques de frondosas ou riba de xacementos arqueolóxicos e outros elementos patrimoniais que forman parte da nosa historia e cultura. Neste acto, Anxo Moure, o contacontos coñecido como “O carballo con botas” leu un manifesto no que se lle reclama a Xunta que aplique varias medidas para evitar que Galicia se converta nun inmenso eucaliptal, entre as que se promulga a moratoria ás novas plantacións de eucalipto, a prohibición da variedade nitens, e promover e incentivar outros usos do monte máis sostibles e que favorezan o asentamento no medio rural. Preme para ler o MANIFESTO e as IMAXES máis impactantes do acto. Grazas a todas as persoas que contribuíron a esta importante causa!
Monthly Archives: Abril 2017
No Día da Terra, máis de 60 colectivos pedirán o freo á eucaliptización de Galicia
Con motivo do Día da Terra, todos os colectivos e persoas que conforman o movemento “Cousa de Raíces”, xunto coa Asemblea contra a eucaliptización de Compostela, convocan unha concentración contra a eucaliptización de Galicia o vindeiro sábado, 22 de abril, ás 12 horas na Praza de Obradoiro de Santiago de Compostela. Nesta concentración realizarase unha performance que consistirá na simulación da plantación con eucaliptos da principal praza compostelá. Esta plantación simbólica da Praza do Obradoiro tentará promover a reflexión sobre o desleixo que os nosos montes e agras están a sufrir fronte as plantacións masivas de eucaliptos, moitas delas ilegais, sen que a Administración faga nada por frealas. Neste acto tamén se denunciará a destrución do patrimonio natural e cultural que está a provocar o monocultivo forestal desta especie invasora no noso territorio. Achégate ao Obradoiro o vindeiro sábado e trae o teu eucalipto.
II Obradoiro do Uso tradicional das plantas medicinais en Galicia: o exemplo do Courel
Aberta a inscrición nun obradoiro de plantas medicinais que se desenvolverá na Estación Científica do Courel (USC) do 22 ao 24 de abril. A licenciada en Farmacia María Moure Otayza guiará as distintas sesións formativas organizadas no marco deste obradoiro, cuxa matrícula é gratuíta.