II Obradoiro do Uso tradicional das plantas medicinais en Galicia: o exemplo do Courel

CARTEL TALLER ECC 2017.jpgAberta a inscrición nun obradoiro de plantas medicinais que se desenvolverá na Estación Científica do Courel (USC) do 22 ao 24 de abril. A licenciada en Farmacia María Moure Otayza guiará as distintas sesións formativas organizadas no marco deste obradoiro, cuxa matrícula é gratuíta.

 

 

 

 

A Estación Científica do Courel mantén aberto o prazo de inscrición nun obradoiro de plantas medicinais que se desenvolverá nas instalacións courelás da USC do 22 ao 24 de abril baixo o título ‘Uso tradicional das plantas medicinais en Galicia: O exemplo do Courel’.

As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa, que será impartida pola licenciada en Farmacia pola USC María Moure Oteyza, poden formalizar a súa inscrición no curso de xeito gratuíto ata o día 19 de abril. A matrícula neste obradoiro pode formalizarse en quenda de mañá nas instalacións da Estación Científica do Courel, situadas en Seoane do Courel, a través dos números de teléfono 648 051 928, 600 942 418 ou 982 821 901, ou nos enderezos de correo electrónico ro_rodriguezlopez@hotmail.com ouantonio.rigueiro@usc.es

As distintas sesións teóricas programadas no marco deste obradoiro sobre uso de plantas medicinais desenvolveranse o venres 22 en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, o sábado, de 10.00 a 12.00 horas, e o do domingo 23 de abril, de 12.30 a 14.30 horas. O curso tamén contempla a celebración de dúas saídas ao campo, que se celebrarán os días 22 e 23 en quenda  de tarde, de 16.00 a 20.00 horas.

 

PROGRAMA DA TEORÍA
VENRES

De 16:00h a 17:00h: Introducción: Definición, recollida, secado, conservación e modos de emprego das plantas medicinais.

De 17:00h a 18:00h: Estudio de: Apio, Arandeira e Axenxo.

De 18:00h a 18:30h: Descanso

De 18:30h a 19:30h: Bardana, Bidueiro e Capelexo (Umbilicus rupestris (Salisb.) Dandy).

De 19:30h a 20:30h: Carqueixa, Cereixa de Corriola (fruto de Tamus communis L.) e Chaveira.

SÁBADO

De 10:00h a 11:00h: Chupón (folla de) (Scrophularia balbisii Hornem), Colondrillo (Asplenium trichomanes D. E. Meyer) e Estrellamar (Plantago coronopus L.).

De 11:00h a 12:00h: Grama, Leituga e Manzanilla.

De 12:00h a 12:30h: Descanso

De 12:30h a 13:30h: Menta, Ourego e Ouropeso (Simethis mattiazzi (Vand.) Sacc.)

De 13:30h a 14:30h: Pataca, Piorniña (Achillea millefolium L.) e Rosa.

DOMINGO

De 10:00h a 11:00h: Sabane, Seixebra (Teucrium scorodonia L.) e Té ( Chenopodium ambrosioides L.).

De 11:00h a 12:00h: Té americano (Bidens aurea (Aiton) Sherff), Tomillo e Violeta.

De 12:00h a 12:30h: Descanso

De 12:30h a 13:30h: Xanzá, Xarxa e Xesta negral.

De 13:30h a 14:30h: Coloquio final y clausura del taller

Máis información:

http://www.usc.es/gl/departamentos/prodvexg/profesores/rigueirorodriguezcristinadocencia

 http://imaisd.usc.es/grupoficha.asp?idpersoatipogrupo=75539&i=gl&s=-126-191-196-235&v=

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s