No Día da Terra, máis de 60 colectivos pedirán o freo á eucaliptización de Galicia

cartaz contra a eucaliptizaciónCon motivo do Día da Terra, todos os colectivos e persoas que conforman o movemento “Cousa de Raíces”, xunto coa Asemblea  contra a eucaliptización de Compostela, convocan unha concentración contra a eucaliptización de Galicia o vindeiro sábado, 22 de abril, ás 12 horas na Praza de Obradoiro de Santiago de Compostela.  Nesta concentración realizarase unha performance que consistirá na simulación da plantación con eucaliptos da principal praza compostelá. Esta plantación simbólica da Praza do Obradoiro tentará promover a reflexión sobre o desleixo que os nosos montes e agras están a sufrir fronte as plantacións masivas de eucaliptos, moitas delas ilegais, sen que a Administración faga nada por frealas. Neste acto tamén se denunciará a destrución do patrimonio natural e cultural que está a provocar o monocultivo forestal desta especie invasora no noso territorio. Achégate ao Obradoiro o vindeiro sábado e trae o teu eucalipto.

cartaz contra a eucaliptización

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s