“Avanzando na dinamización local con recursos propios”: Curso de Extensión Universitaria en Bueu

Publicado en: http://economiaecoloxica.webs.uvigo.es
O GIEEA organiza do 9 ao 12 de Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"
setembro de 2014 no Concello de Bueu o Curso de Extensión Universitaria “Avanzando na dinamización local con recursos propios”. O Obxectivo do Curso, que forma parte da oferta de Cursos de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, consiste en xerar novas dinámicas de aproveitamento dos recursos propios nos espazos rurais e costeiros de Bueu, o Morrazo e do resto da Comunidade Galega, seguindo propostas agroecolóxicas e de sustentabilidade social e ambiental. Para elo durante os catro días de duración do Curso teremos oportunidade de coñecer diversas experiencias dinamizadoras vinculadas con ámbitos como a propiedade comunal, a horta ecolóxica, a posta en valor dos recursos mariños, a xestión do monte, o financiamento alternativo, o modelo cooperativo, os circuítos curtos de comercialización, etc. Na xornada dedicada aos produtos do mar, presentaranse os resultados dun estudo piloto de afumado de Polbo das Rías realizado por unha empresa da serra madrileña.

Seguir lendo

Advertisements

Pacto social para a conservación dos nosos bosques e do medio rural

Publicado orixinalmente en adega.gal

“Unir as persoas coa Natureza” é o lema que a ONU propón para este Día Mundial do Medio Ambiente 2017. Mais no noso país, os modelos baseados no monocultivo forestal especialmente con eucaliptos, favorecidos e favorecedores do abandono do rural, fan que as persoas estean cada vez máis lonxe da natureza.

Seguir lendo