“Avanzando na dinamización local con recursos propios”: Curso de Extensión Universitaria en Bueu

Publicado en: http://economiaecoloxica.webs.uvigo.es
O GIEEA organiza do 9 ao 12 de Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"
setembro de 2014 no Concello de Bueu o Curso de Extensión Universitaria “Avanzando na dinamización local con recursos propios”. O Obxectivo do Curso, que forma parte da oferta de Cursos de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, consiste en xerar novas dinámicas de aproveitamento dos recursos propios nos espazos rurais e costeiros de Bueu, o Morrazo e do resto da Comunidade Galega, seguindo propostas agroecolóxicas e de sustentabilidade social e ambiental. Para elo durante os catro días de duración do Curso teremos oportunidade de coñecer diversas experiencias dinamizadoras vinculadas con ámbitos como a propiedade comunal, a horta ecolóxica, a posta en valor dos recursos mariños, a xestión do monte, o financiamento alternativo, o modelo cooperativo, os circuítos curtos de comercialización, etc. Na xornada dedicada aos produtos do mar, presentaranse os resultados dun estudo piloto de afumado de Polbo das Rías realizado por unha empresa da serra madrileña.

O Curso de Extensión Universitaria “Avanzando na dinamización local con recursos propios” supón unha oportunidade para coñecer de primeira man iniciativas exitosas que aproveitan os recursos endóxenos de Bueu, do Morrazo, de Galicia e mesmo doutros lugares do Estado.
O Curso, que conta co apoio do Concello de Bueu e da UVIGO-TV vai a ter lugar no Museo Masso e está dirixido ás persoas interesadas no aproveitamento dos recursos locais.
Pódese consultar o programa completo do Curso neste enlace.
Dinamizacio_n do monte 2017-1
Dinamizacio_n do monte 2017-2.jpg
A inscrición xeral no Curso ten unha taxa de 30 euros, existindo taxa reducida para os membros da comunidade universitaria ou os residentes no concello de Bueu que terán un desconto do 25%, e os que, ademais, sexan bolseiros do MECD, un 50%.
Para consultar a información sobre como realizar a matrícula visitar este enlace.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s