O 28 e 29 de setembro analízase a traxectoria dos montes comunais no Consello da Cultura Galega

O 28 e 29 de setembro o Consello da Cultura Galega acollerá un foro de expertos no que se analizará a “Traxectoria dos montes comunais galegos e a súa consideración como recurso produtivo, ambiental, paisaxístico e de calquera outro tipo”. A inscrición é gratuíta e o número de prazas limitado a 100 persoas, que se ocuparán por orde de inscrición. Apurade!

Publicado orixinalmente en http://consellodacultura.gal/

Por razóns diversas -entre as que figuran os graves problemas ambientais, a revalorización da vida rural e a expansión e influencia dos movementos ecolóxicos, que impulsaron novas olladas históricas sobre o aproveitamento dos recursos naturais- o interese polo estudo e adecuada gobernanza dos bens comunais aumentou moito nos últimos tempos. Neste contexto, Galicia constitúe un exemplo extraordinario. Até principios do século pasado, tres cuartas partes da súa superficie estaban ocupadas por montes que, se durante séculos non fosen xestionados polos veciños de aldeas e parroquias de maneira eficiente, acomodando os seus usos aos cambios que se ían producindo no complexo agropecuario, non conservarían, na meirande parte dos casos, o seu carácter comunal.

As mudanzas foron radicais no último século: os procesos de privatización, de “estatalización”, a repoboación forestal e “devolución”, a “revolución verde”, as diversas e graves consecuencias do despoboamento e abandono do mundo rural, as necesidades dunha axeitada ordenación do territorio que debe considerar integrar os usos do monte, a nova valoración da paisaxe como patrimonio (que en boa medida recupera ideas de Otero Pedrayo e da xeración Nós) que vai unida a miúdo a procesos de apropiación cultural e que obriga a considerar o monte, e en xeral o territorio, como arquivo da memoria das comunidades que se sucederon no seu control, aproveitamento e transformación. Estes e outros cambios parecen razóns poderosas que aconsellan facer unhas reflexións e debates que, a partir das ensinanzas do pasado, aborden, entre os varios problemas, a situación presente dos montes veciñais desde unha perspectiva pluridisciplinar para analizar os seus usos reais e potenciais, ou sexa, as experiencias e as oportunidades de cara ao futuro no uso dos recursos; as boas prácticas e non tan boas na súa xestión, as consecuencias do abandono das aldeas e o tratamento do monte nas políticas de ordenación do territorio que han de procurar a conservación do medio e a protección da paisaxe como un elemento fundamental do patrimonio cultural.

PROGRAMA

XOVES, 28 DE SETEMBRO

9:15 horas. Inauguración

9:30 horas
O retorno dos comunais: institucións, regras e equilibrios de poder
José Miguel Lana Berasain. Universidad Pública de Navarra

10:15 horas
A pervivencia dos montes veciñais galegos: razóns e distorsións 
Xesús Balboa. Universidade de Santiago de Compostela

11:00 horas. Pausa

11:15 horas
Terras comúns, intereses cruzados: o monte veciñal galego no século XX
Ana Cabana Iglesias. Universidade de Santiago de Compostela

12:00 horas
O “problema da terra” na Galiza do século XXI e o papel dos montes veciñais en man común
Edelmiro López Iglesias. Universidade de Santiago de Compostela

12:45 horas. Debate

16:30 horas
Rozas, estivadas e pan de vedro: o cultivo temporal do monte na Galicia da Idade Moderna
Hortensio Sobrado Correa. Universidade de Santiago de Compostela

17:15 horas
Os montes e a súa toponimia
Antón Santamarina. Universidade de Santiago de Compostela

18:00 horas
Mesa redonda: Montes, ordenación do territorio e paisaxe
Presenta e modera: Iago Seara Morales
Daniel Pino Vicente. Lcdo. en Ciencias Políticas, urbanista, Consultora Galega
Alfonso Díaz Revilla. Arquitecto, profesor da ETSA da Coruña; Oficina de Planeamento
Inés Santé. Directora do Instituto de Estudos do Territorio
Plácido Baamonde López. Doutor Enxeñeiro Agrónomo

VENRES, 29 DE SETEMBRO

9:30 horas
Los bienes concejiles de aprovechamiento comunal en la provincia de León: presencia, gestión y valor, siglos XVI-XX
Laureano Rubio Pérez. Universidad de León

10:15 horas
Baldíos, percursos do último século
Fernando Silva Oliveira Baptista. Enxeñeiro agrónomo polo Instituto Superior de Agronomia / Universidade Técnica de Lisboa; profesor catedrático do Instituto Superior de Agronomia

11:00 horas. Pausa

11:15 horas
Mesa redonda: As boas prácticas na xestión dos montes veciñais
Presenta e modera: María do Mar Pérez Fra
Henar Román. Presidenta da Comunidade de Montes de Labrada, Abadín
José Antonio Barbeito. Presidente da Comunidade de Montes de Xalo, Culleredo
Isaac González. Presidente da Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, O Rosal

12:30 horas
Mesa redonda: Propostas para a posta en valor  dos montes veciñais
Presenta e modera: María do Mar Pérez Fra
Alfredo Pereira. Presidente de Organización Galega de Comunidades de Montes.
Carlos Morgade. Presidente de Iniciativa Comunales
Vanessa Castro López. Montenoso
Carlos González Andrés. Xefe do Servicio de montes veciñais en man común e estruturas forestais

14:00 horas. Clausura

Máis información en: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200591

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s