
Os colectivos promotores presentan a ILP no Parlamento
Este 19 de outubro, a rede “Cousa de Raíces”, conformada por unhas 60 entidades, ecoloxistas, agrarias, sindicais, cooperativistas, empresariais, de investigación,… presentou no Parlamento Galego unha proposición de lei por iniciativa lexislativa popular (ILP) para salvar os nosos bosques do lume e dos eucaliptos. Xa é hora de cambiar o modelo forestal, de abandonar o monocultivo de especies pirófitas, de fomentar todas as potencialidade dos nosos montes, non só a forestalista, e de procurar o asentamento da xente no rural. Se non comezamos a actuar nesta dirección en serio, a problemática dos lumes será cada vez maior, axudada polos efectos do cambio climático. Tamén é hora de ver de que lado está cadaquén!