A fin de semana do 2-3 de decembro, Cousa de Raíces, ADEGA, e a Asociaçao Treze Catorze, en colaboración con Quercus, o Colectivo Matogueira e o Concello de Salceda de Caselas, organizan as “I Jornadas galego-portuguesas contra a eucaliptizaçao e os incéndios” en Salceda de Caselas. Trátase do primeiro encontro de reflexión entre a sociedade lusa e galega, unidas pola mesmo catástrofe forestal e incendiaria, e coa intención de apostar conxuntamente polo bosque caducifolio e por unha nova política florestal máis sostible. Inclúese nestas xornadas unha mesa de discusión das estratexias futuras da rede a prol do bosque galego “Cousa de Raíces” e unha charla sobre a Iniciativa Lexislativa Popular que se presentou no Parlamento Galego para fomentar un cambio de política forestal. O domingo, realizaranse dúas actividades de recoñecemento de diversidade (“Bioblitz”)nun bosque autóctono e nun eucaliptal. A entrada será libre e de balde. Máis info: silvia@adega.gal / +34 981 570 099
Monthly Archives: Novembro 2017
Xornadas sobre a conservación e mellora dos recursos xenéticos do castiñeiro
Este ano a xornada técnica do Centro de Investigación Forestal de Lourizán sobre castiñeiro, organizada dentro do Plan de Transferencia Tecnolóxica para o Agro 2017, tratará das actividades de investigación e desenvolvemento para a conservación e mellora dos recursos xenéticos destinados á produción de castaña, de madeira e de doble aptitude. Celebrarase o 29 de novembro na Escola Galega da Administración Pública, en Santiago de Compostela.