Cousa de Raíces promove as I Xornadas galego-portuguesas contra a eucaliptización e os incendios

Cartaz_Jornadas_Salceda_Moncao_definitivoA fin de semana do 2-3 de decembro, Cousa de Raíces, ADEGA, e a Asociaçao Treze Catorze, en colaboración con Quercus, o Colectivo Matogueira e o Concello de Salceda de Caselas, organizan as “I Jornadas galego-portuguesas contra a eucaliptizaçao e os incéndios” en Salceda de Caselas. Trátase do primeiro encontro de reflexión entre a sociedade lusa e galega, unidas pola mesmo catástrofe forestal e incendiaria, e coa intención de apostar conxuntamente polo bosque caducifolio e por unha nova política florestal máis sostible. Inclúese nestas xornadas unha mesa de discusión das estratexias futuras da rede a prol do bosque galego “Cousa de Raíces” e unha charla sobre a Iniciativa Lexislativa Popular que se presentou no Parlamento Galego para fomentar un cambio de política forestal. O domingo, realizaranse dúas actividades de recoñecemento de diversidade (“Bioblitz”)nun bosque autóctono e nun eucaliptal. A entrada será libre e de balde. Máis info: silvia@adega.gal / +34 981 570 099

Cartaz_Jornadas_Salceda_Moncao_definitivo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s