Un de cada 5 metros cadrados de solo galego está ocupado por un eucalipto
Representantes das organizacións promotoras da ILP “para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”, anunciamos este día 20 o inicio da campaña de recollida de sinaturas, que se prorrogará até o vindeiro mes de marzo. Como obxectivo marcámonos conseguir que chegue ao Parlamento co maior respaldo social acadado nunca por unha Iniciativa Lexislativa Popular, dada a preocupación que a cuestión forestal suscita na sociedade galega. Se queres colaborar na recollida de sinaturas, envía os teus datos de contacto a cousaderaices@adega.gal.
Seguir lendo