Mesas de recollida de sinaturas da ILP nas Rías Baixas

Xornadas ILP ruaDo día 2 ao 5 de febreiro, colocaranse varias mesas de recollida de sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na Defensa do Bosque autóctono e contra os Incendios Forestais en varias localidades das Rías Baixas.

O horario de recollida será ininterrompido desde as 10.00 ás 20.00 horas, os seguintes días e nos seguintes lugares:

  • Venres, día 2 de Febreiro –> Cangas, Praza da Constitución.
  • Sábado, día 3 de Febreiro –> Vigo, Rúa do Príncipe 54 (diante do museo Marco).
  • Domingo, 4 de Febreiro –> Pontevedra, Praza da Peregrina.
  • Luns, 5 de Febreiro –> Vilagarcía de arousa, Praza da Galiza, 7.

Consulta na seguinte ligazón outros lugares nos que podes asinar a ILP do Bosque Autóctono: https://cousaderaices.wordpress.com/ilp-bosque/lugares-onde-asinar/

Charlas sobre alternativas sustentables para o monte do futuro, mañá, en Ribeira

La imagen puede contener: árbol, exterior, texto y naturalezaO Foro Ecolóxico de Ribeira e a Asociación Sachos á Rúa, membros de Cousa de Raíces, organizan unha palestra para mañá venres para divulgar a ILP polo Bosque Autóctono e dar a coñecer á xente do Barbanza as experiencias en reforestación que se están a levar a cabo nos montes comunais de Froxán, a través da campaña No teu corazón unha árbore, e o proxecto Pedra Furada que leva a cabo Sachos á Rúa en Artes (Ribeira), que consiste na creación dun bosque comestible nunha parcela municipal. Aproveitarase a ocasión para recoller todas as sintauras posibles de apoio á ILP. As charlas organízanse en colaboración con Verdegaia e SH Coluna Sanfins.

Seguir lendo

O vindeiro xoves, venres e sábado (25, 26 e 27 xaneiro), novos actos arredor da ILP do Bosque autóctono

folleto ILP_DefensaMonte_A5_Nova_Página_2

Actos previstos de presentación e apoio á #ILPBosqueAutóctono:

Seguir lendo

Este sábado, arrincada de eucaliptos na Eira da Xoana!

Eucaliptos-EiraEste sábado, 27 de xaneiro, a Fundación Eira e ADEGA, colectivos membros de Cousa de Raíces, organizan unha arrincada de eucaliptos nos terreos que custodian estas entidades arredor do equipamento da Eira da Xoana. Calquera persoa poderá participar nesta actividade que comezará a partir das 15:30. O obxectivo será liberar a Chousa da Eira de eucaliptos. Recoméndase levar roupa adecuada. As ferramentas xa están alí.

Tamén se recollerán sinaturas de apoio á ILP polo Bosque Galego. Quen queir participar da arrincada só ten que achegarse á Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Non ten perda. Aquí deixamos o enderezo: https://goo.gl/maps/iJCk4aygDNH2

 

Hoxe presentouse a ILP na Defensa do Bosque Autóctono en Lugo

RP ILP Bosque autoctono 2018-01-23Hoxe presentouse na Galería Sargadelos de Lugo a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a defensa do Bosque Autóctono e a Loita contra os Incendios Forestais, promovida por Cousa de Raíces e pola Alianza por un rural galego vivo. Os membros das organizacións promotoras presentes na rolda de prensa, Roi Cuba de Cousa de Raíces, Miguel Fernández da CIG e Elías Somoza da FRUGA, deron conta dos motivos que levaron a unha grande parte da sociedade galega a promover unha nova lei autonómica que favoreza a conservación das especies forestais autóctonas e o seu aproveitamento sostible fronte a un modelo de xestión do monte forestalista, baseado no monocultivo de especies foráneas, especialmente do eucalipto, que non achega valor engadido e que ademais impacta de forma negativa no territorio.

A ILP polo Bosque Autóctono chega a Lugo – Escóitao en Radio Cerna!

Seguir lendo

Próximos actos de presentación da ILP a prol do Bosque Autóctono

folleto ILP_DefensaMonte_A5_Nova_Página_2Xa estamos en disposición de sinalar algunhas datas e lugares nos que se vai presentar a Iniciativa Lexislativa Popular para a Defensa do Bosque Autóctono e a loita contra os incendios forestais. Consulta a lista e pásate a asinar ou a recoller pregos da ILP. Coñece con nós a situación de emerxencia na que se atopa o noso bosque!

 

 

 

Seguir lendo