Apoia o proxecto que substituirá 10 Ha de eucaliptos nos montes de Froxán por bosque autóctono

bosque-autoctono-1Pedimosvos o voso apoio para axudar a divulgar este proxecto de micromecenado (“crowdfunding”) que ten por obxectivo restaurar 10 hectáreas do monte de Froxán (Lousame) dominadas por eucalipto recuperando as masas de frondosas autóctonas.

Unímonos á pretensión da Comunidade do Monte Veciñal en Man Comun de Froxán (Lousame) e pedimos o voso apio para o proxecto “No corazón unha árbore” que está dispoñible na plataforma Kukumiku: https://www. kukumiku.com/proyectos/ amadrina-bosque-autoctono/

Kukumiku é unha fundación polo que as doazóns son desgrabables fiscalmente (tendes opción de pedir o certificado para Facenda no formulario de pagamento) e ademais na campaña iranse ofrecendo sorteos para as persoas que participen.

Durante o mes de xaneiro sortearase unha estancia dunha noite para 1 ou 2 persoas nunha casa rural ao pé da fonte do Eo en Baleira.

Animamos a todo o mundo a participar na medida das súas posibilidades e, sobre todo, a divulgar este proxecto entre os seus contactos e redes sociais.

Ligazón: https://www.kukumiku.com/proyectos/amadrina-bosque-autoctono/

Advertisements

One thought on “Apoia o proxecto que substituirá 10 Ha de eucaliptos nos montes de Froxán por bosque autóctono

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s