Este sábado, 27 de xaneiro, a Fundación Eira e ADEGA, colectivos membros de Cousa de Raíces, organizan unha arrincada de eucaliptos nos terreos que custodian estas entidades arredor do equipamento da Eira da Xoana. Calquera persoa poderá participar nesta actividade que comezará a partir das 15:30. O obxectivo será liberar a Chousa da Eira de eucaliptos. Recoméndase levar roupa adecuada. As ferramentas xa están alí.
Tamén se recollerán sinaturas de apoio á ILP polo Bosque Galego. Quen queir participar da arrincada só ten que achegarse á Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Non ten perda. Aquí deixamos o enderezo: https://goo.gl/maps/iJCk4aygDNH2