Charlas sobre alternativas sustentables para o monte do futuro, mañá, en Ribeira

La imagen puede contener: árbol, exterior, texto y naturalezaO Foro Ecolóxico de Ribeira e a Asociación Sachos á Rúa, membros de Cousa de Raíces, organizan unha palestra para mañá venres para divulgar a ILP polo Bosque Autóctono e dar a coñecer á xente do Barbanza as experiencias en reforestación que se están a levar a cabo nos montes comunais de Froxán, a través da campaña No teu corazón unha árbore, e o proxecto Pedra Furada que leva a cabo Sachos á Rúa en Artes (Ribeira), que consiste na creación dun bosque comestible nunha parcela municipal. Aproveitarase a ocasión para recoller todas as sintauras posibles de apoio á ILP. As charlas organízanse en colaboración con Verdegaia e SH Coluna Sanfins.

*Nota de prensa emitida polos organizadores

La imagen puede contener: árbol, exterior, texto y naturalezaHai algunhas semanas a plataforma Cousa de Raíces​, integrada por numerosos colectivos de defensa do patrimonio natural de Galicia, vén de lanzar unha campaña para a recollida de sinaturas en apoio dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), coa intención de que sexa tratada no parlamento de Galicia.

O obxectivo principal desta ILP é reducir o número de hectáreas forestais adicadas enteiramente a eucaliptos e outras especies alóctonas invasoras, como un modo de protexer a nosa biodiversidade e loitar contra os incendios. Tamén se busca dar prioridade a xestión pública do monte, poñendo o acento en figuras de xestión como o monte en man común.

A iniciativa pretende, entre outras cousas, facer cumprir a lexislación vixente no tocante á plantación de especies pirófitas, poñer coto á invasión de monocultivos destas especies, protexer o bosque autóctono e recuperar aquelas zonas degradadas ou que necesiten unha especial protección, tal como recolle a lexislación forestal ou patrimonial.

As asociacións Sachos á Rúa ​e Verdegaia​, como colectivos locais integrantes de Cousa de Raíces​, participan na recollida de sinaturas ante a preocupación da destrución da paisaxe natural galega. Representantes destas asociacións coa colaboración do CSA O Fervedoiro​, organizan unha palestra para dar a coñecer os pormenores desta proposta lexislativa popular.

Por outra banda, un representante da Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins de Lousame ​explicará o proxecto “No Corazón unha árbore”. Este proxecto, apoiado por Verdegaia e a S.H.C. Coluna Sanfins, ten por obxectivo restaurar 10 hectáreas do Monte Veciñal en Mancomún de Froxán​ dominadas por eucalipto recuperando as masas de frondosas autóctonas.

Nos últimos días xa se recadaron, coas achegas de máis de 300 mecenas, máis de 10.000 euros para este fin. Daranse a coñecer os pasos dados ata agora, e os proxectos de futuro para completar esta iniciativa.

A palestra terá lugar mañá venres, día 26 ás 20:00 ​no local do CSA O Fervedoiro, situado na rúa Méndez Núñez, 2 de Ribeira (a carón da igrexa). As ponencias correrán a cargo de Nela Abella ​de Verdegaia, Joam Evans​ da S.H.C. Coluna Sanfins, e Manolo González​ da Asociación Sachos á Rúa.

LUGARES EN RIBEIRA E BOIRO PARA ASINAR A ILP

Todas aquelas persoas que queiran apoiar coa súa sinatura a ILP poderán facelo durante a charla e nos puntos e datas habilitadas para iso. Un deles é o local do CSA O Fervedoiro (de luns a mércores a partires das 20:00 e os domingos pola tarde). Outro punto é nas feiras que organiza a Asociación Sachos á Rúa: en Ribeira o primeiro e o terceiro sábado, e en Boiro o segundo e cuarto sábado de cada mes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s