Mañá propoñerase aos concellos de Bergantiños que apoien a ILP do Bosque

Resultado de imaxes para pazo cultura carballoMañá xoves, 1 de marzo, a Alianza por un Rural Galego Vivo (CIG, FRUGA e ORGACCMM) e Cousa de Raíces, promotoras da “Proposición de Lei por Iniciativa Lexislativa Popular para a protección e mellorados hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”, presentaremos aos concellos de Bergantiños a ILP e propoñeremos que a apoien a través dunha moción. Ás 13.30 horas está prevista unha xuntanza cos alcaldes da comarca, na Casa Consistorial do Concello de Carballo, e ás 17.00 horas reunirémonos cos representantes de todos os grupos municipais destes concellos no Pazo de Cultura desta localidade. Ás 19.00 horas farase un acto público de presentación da ILP, tamén no Pazo de Cultura de Carballo. Haberá mesas de recollida de sinaturas de apoio á ILP.

Seguir lendo

Este mércores, 28 de febreiro, a ILP chega a Boiro e a Compostela

ILP BOSQUE BoiroEste mércores, preséntase a ILP na defensa do Bosque galego en Boiro. Será ás 20 horas no Centro Social desta localidade (espazo Leña Verde). Intervirán o secretario comarcal dad CIG, Xan García, e Manel Casal, vogal de montes de ADEGA. Ambas organización forman parte da Comisión promotora desta Iniciativa Lexislativa Popular. Tamén haberá un coloquio na Facultade de Xeografía e Historia da USC, ás 20.00 horas, no que participarán Fins Eirexas de ADEGA, docentes e representantes do estudantado. Segue lendo para ver onde se van poñer mesas de recollida de sinaturas da ILP o vindeiro mércores, 28 de febreiro.

Seguir lendo

Allariz interésase pola ILP fronte aos lumes forestais

Imágenes integradas 1O pasado xoves, 22 de febreiro, ás 20:00h, Allariz acolleu a presentación da Iniciativa lexislativa popular (ILP) en defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais promovido pola Alianza Rural Galega e Cousa de Raíces. Tratouse dunha charla coloquio organizada polos representantes do sindicato labrego FRUGA e da CIG, na que participaron os relatores Xurxo Alvarez presidente de FRUGA, Sanquei Manuel Marínez (Sanquei) experto e delegado da CIG en incendios forestais, e Zeltia Burgos Tortosa delegada da CIG, coa participaron de mais de 40 veciños e veciñas de Allariz.

Seguir lendo

A ILP, este sábado no Centro Cívico de Feáns (A Coruña)

cartaz feansEste sábado, 24 de febreiro presentarase nun acto público, no Centro Cívico de Feáns (A Coruña), a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na Defensa do Bosque autóctono e contra os incendios forestais. Impartirán charlas membros das entidades promotoras (Alianza Rural Galega e Cousa de Raíces). O acto comezará ás 17.00 horas.

E mañá mesmo, 22 de febreiro, presentarase ao público xeral en Ponteareas e Pontevedra, e tamén ante os medios de prensa en Cee, ás 11.00 horas, no local da CIG.

Preséntase a ILP no Café Cultura Ítaca de Xinzo de Limia

1509659CB42F4B0DAC2DA859778AC5C4O venres 16 de marzo, ás 20 horas, no Café Cultural Ítaca de Xinzo de Limia, presentouse a ILP en defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais, coa intervención de Manuel Méndez e Zeltia Burgos, delegados da CIG. Neste acto tamén se proxectouse  a reportaxe documental “AS NEVES ZONA 0” de Adrián González, no que se describen os efectos do lume que arrasou este concello o pasado 15 de outubro de 2017.

Seguir lendo

APDR recollerá sinaturas para a ILP no Teatro Principal de Pontevedra

sinaturasOs días 21, 22, 28 de febreiro e o 1 de marzo, a Asociación para a Defensa da Ría (APDR), membro de Cousa de Raíces, colocará varias mesas de recollida de sinaturas en apoio á ILP do Bosque, a partir das 20 horas, na entrada do Teatro Principal de Pontevedra. Os días escollidos coinciden coas xornadas nas que se desenvolverá o Ciclo de Charlas “30 Anos na defensa do medio”. A conferencia do xoves, 22 de febreiro, versará precisamente sobre a propia Iniciativa Lexislativa Popular.
Consulta na seguinte ligazón outros lugares onde podes asinar a ILP do Bosque Autóctono:
https://cousaderaices.wordpress.com/ilp-bosque/lugares-onde-asinar/

Mesas de recollida de sinaturas de apoio á ILP no Toural, en Compostela

asinandoOs días 15,16, 22 e 23, colocaranse varias mesas de recollida de sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na Defensa do Bosque autóctono e contra os Incendios Forestais en Santiago de compostela, na praza do Toural. O horario de recollida será de 17h-20h.
Consulta na seguinte ligazón outros lugares onde podes asinar a ILP do Bosque Autóctono:
https://cousaderaices.wordpress.com/ilp-bosque/lugares-onde-asinar/
Para máis información: Tfno ADEGA: 981570099.
Contacta con nós se queres colaborar na recollida.

Charlas e actos de presentación da ILP en Lugo e San Sadurniño

CARTEL_ILP_LugoAs entidades promotoras da Iniciativa Lexislativa Popular na Defensa do Bosque e contra os incendios Forestais, Cousa de Raíces e a Alianza por un Rural galego Vivo, organizan para mañá e pasado actos de presentación pública da ILP na capital lucense e na vila de San Sadurniño, nos que se impartirán charlas ligadas a outras iniciativas sociais de defensa das especies propias que se desenvolveron ou que están en curso no país.

Seguir lendo

A ILP na defensa do Bosque presentarase publicamente en Lalín e Ferreira de Pantón

cartaz LalinNos vindeiros días realizaranse novos actos públicos de presentación da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na Defensa do Bosque Autóctono e de loita contra os incendios forestais. Mañá, xoves, presentarase na vila de Lalín (Pontevedra), e pasado venres, farase o mesmo en Ferreira de Pantón (Lugo). Nos dous actos, recolleranse sinaturas de apoio á ILP.

Seguir lendo