A ILP do Bosque xa ten web propia e vídeo divulgativo

Captura de pantalla 2018-02-06 a las 9.45.05Cousa de Raíces e a Alianza por un Rural galego Vivo, como entidades promotoras da “Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na Defensa do Bosque autóctono e fronte os incendios forestais”, veñen de elaborar novo material divulgativo da ILP. Desde hoxe, pódese facer uso da páxina web  creada en exclusividade para aI LP do Bosque e tamén se pon á disposición do público xeral un vídeo de dous minutos no que se resumen os principais contidos da ILP. Pregamos que este material se distribúa polas vosas redes sociais, páxinas web e a través dos vosos dispositivos móbiles.

WEB DA ILP

A través do URL http://ilpbosques.ga accederás á páxina web da ILP do Bosque, desde onde poderás consultar o texto completo da proposta lexislativa, os lugares onde asinar ou os próximos eventos relacionados coa ILP.  Desde esta web tamén se poderán descargar os cartaces modelo por parte daquelas persoas ou entidades que estan a colaborar na difusión da iniciativa. Ao mesmo tempo, tamén se fornece ao usuario/a dun formulario desde o que poderá solicitar o envío de pregos para a recollida de sinaturas de apoio á ILP.

A web da ILP é: http://ilpbosques.ga 

VÍDEO DA CAMPAÑA

Por outra banda, as entidades promotoras da ILP elaboraron unha peza audiovisual de 2 minutos na que se concentran os contidos da proposta lexislativa para a que se está a recoller sinaturas de apoio. Preme na imaxe ou nesta ligazón para poder ver o Vídeo promocional da ILP.

Captura de pantalla 2018-02-06 a las 9.37.07

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s