A ILP na defensa do Bosque presentarase publicamente en Lalín e Ferreira de Pantón

cartaz LalinNos vindeiros días realizaranse novos actos públicos de presentación da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na Defensa do Bosque Autóctono e de loita contra os incendios forestais. Mañá, xoves, presentarase na vila de Lalín (Pontevedra), e pasado venres, farase o mesmo en Ferreira de Pantón (Lugo). Nos dous actos, recolleranse sinaturas de apoio á ILP.

Mañá xoves, 8 de febreiro, as entidades promotoras da ILP, Cousa de Raíces e a Alianza Rural Galega, realizarán unha charla explicativa sobre a razóns que impulsan a Iniciativa e os contidos normativos que pretenden levar a debate no Parlamento Galego. Tras a charla, haber’aunha xuntanza con persoas e coletivos interesados en colaborar na difusión da ILP e na recollida de sinaturas. Farán falla cando menos 10.000 sinaturas para poder debater o texto lexislativo no Parlamento.

O acto terá lugar no Círculo de Recreo de Lalín, a partir das 20.30 horas.

Cartaz_DefTamén o vindeiro venres, 9 de febreiro, as entidades promotoras, coa colaboración do colectivo local Segredos de Pantón, levarán á vila de Ferreira de Pantón unha mesa redonda sobre a ILP e o valor do bosque galego. Intervirá Adela Figueroa Panisse como membro da Comisión Promotora da ILP e, a continuación, falará Antonio Manuel Estévez Prieto, autor dun estudo que compara a rendibilidade do carballo fronte o eucalipto.

Nesta ocasión, o acto terá lugar no Edificio sociocultural da Praza do Concello de Pantón, a partir das 17.30 horas.

Nos dous actos recolleranse sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s