Este xoves presentarase a ILP do Bosque en Pontevedra e Ponteareas

ILP VigoSeguindo o periplo de actos de presentación da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na defensa do Bosque galego polo país galego, o vindeiro xoves, 22 de febreiro, a ILP chega á cidade de Pontevedra e á vila de Ponteareas.

En Pontevedra, o colectivo APDR (Asociación para a Defensa da Ría), que forma parte da plataforma Cousa de Raíces,  xerará a reflexión e o debate sobre a ILP forestal no marco do ciclo de conferencias “30 Anos defendendo o medio Ambiente” que leva varios días desenvolvéndose no Teatro Principal da cidade do Lérez, a partir das 20.30 horas.

Pola súa banda, a Comisión de apoio á ILP do Bosque tamén prepara para mañá un acto de presentación da ILP do Bosque no Auditorio municipal de Ponteareas, das 20.00 horas en diante. Neste encontro, Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega das Comunidades de Montes (ORGACCMM), falará sobre “A racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”.

En ambos casos, as persoas asistentes poderán asinar en apoio á ILP na defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais. Ese mesmo día en Compostela, na Praza do Toural, tamén se colocará unha mesa de recollida de sinaturas a prol desta Iniciativa Lexislativa a partir das 17.00 horas.

Advertisements

One thought on “Este xoves presentarase a ILP do Bosque en Pontevedra e Ponteareas

  1. Pingback: A ILP, este sábado no Centro Cívico de Feáns (A Coruña) | Cousa de Raíces

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s