O pasado xoves, 22 de febreiro, ás 20:00h, Allariz acolleu a presentación da Iniciativa lexislativa popular (ILP) en defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais promovido pola Alianza Rural Galega e Cousa de Raíces. Tratouse dunha charla coloquio organizada polos representantes do sindicato labrego FRUGA e da CIG, na que participaron os relatores Xurxo Alvarez presidente de FRUGA, Sanquei Manuel Marínez (Sanquei) experto e delegado da CIG en incendios forestais, e Zeltia Burgos Tortosa delegada da CIG, coa participaron de mais de 40 veciños e veciñas de Allariz.
O debate versou sobre as condicións bioloxicas dos eucalipatais que aumentan a perigosidade dos incendios forestais, o desastre persoal, ecolóxico e económico que supon a eucaliptización da provincia de Ourense e a forestación das terras agrarias. Como conclusións fundamentais destacar a necesidade de ampliar a producción agraria e gandeira, a ordenación forestal racional e sostible e a necesidade de “contar coa xente” á hora de establecer as políticas que regulan as actividades no rural.
A emerxencia e a situación vivida no 2017 cos incendios forestais necesitan accións urxentes para a protección das persoas e os bens porque todos os presentes tiñan claro que se pode voltar repetir.
No acto visualizouse a reportaxe documental de Adrián Gonzalez ” As Neves Zona 0″, que mostrou o drama que no pasado mes de outubro de 2017 viviron os veciños e veciñas dese concello que se calcinou case na sua totalidade.
Recolleronse mais de 50 sinaturas no acto e queda o Café cultural Roi Xordo en Allariz como local de recollida de sinaturas para aquelas persoas que queiran achegarse a asinar.
Vanse facer actos semellantes na provincia ao longo destes días, e se estableceron postos de recollida de sinaturas na comarca.