Este mércores, preséntase a ILP na defensa do Bosque galego en Boiro. Será ás 20 horas no Centro Social desta localidade (espazo Leña Verde). Intervirán o secretario comarcal dad CIG, Xan García, e Manel Casal, vogal de montes de ADEGA. Ambas organización forman parte da Comisión promotora desta Iniciativa Lexislativa Popular. Tamén haberá un coloquio na Facultade de Xeografía e Historia da USC, ás 20.00 horas, no que participarán Fins Eirexas de ADEGA, docentes e representantes do estudantado. Segue lendo para ver onde se van poñer mesas de recollida de sinaturas da ILP o vindeiro mércores, 28 de febreiro.
MESAS DA ILP PAR O DÍA 28 DE FEBREIRO
Nos anteriores actos preténdese tamén recoller sinaturas de apoio á ILP. Na Facultade de Xeografía xa haberá unha mesa de recollida de sinaturas desde as 17.00 horas da tarde.
Este mesmo día tamén se recollerán sinaturas no Teatro Principal de Pontevedra, a partir das 20.00 horas, no marco do debate sobre “Alternativas económicas ao cultivo do eucalipto”, organizado por APDR.
E en Ourense, tamén se porá unha mesa na Facultade de Ciencias da Educación, das 16.00 ás 20.00 horas.