Mañá propoñerase aos concellos de Bergantiños que apoien a ILP do Bosque

Resultado de imaxes para pazo cultura carballoMañá xoves, 1 de marzo, a Alianza por un Rural Galego Vivo (CIG, FRUGA e ORGACCMM) e Cousa de Raíces, promotoras da “Proposición de Lei por Iniciativa Lexislativa Popular para a protección e mellorados hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”, presentaremos aos concellos de Bergantiños a ILP e propoñeremos que a apoien a través dunha moción. Ás 13.30 horas está prevista unha xuntanza cos alcaldes da comarca, na Casa Consistorial do Concello de Carballo, e ás 17.00 horas reunirémonos cos representantes de todos os grupos municipais destes concellos no Pazo de Cultura desta localidade. Ás 19.00 horas farase un acto público de presentación da ILP, tamén no Pazo de Cultura de Carballo. Haberá mesas de recollida de sinaturas de apoio á ILP.

Entre as razóns que nos levan a presentar esta Iniciativa Lexislativa Popular encóntranse, entre outras, que as políticas aplicadas desde entrada en vigor do Plano Forestal de Galiza (1992) non conseguiran compatibilizar os aspectos produtivos do monte coa conservación dos hábitats naturais e en particular o bosque autóctono, así como que este Plano Forestal previa no horizonte de 40 anos que a presencia do eucalipto non superara as 245.000 hectáreas e segundo o Inventario Forestal Nacional (IFN) de 2009 o eucalipto ocuparía unha extensión de 433,915 hectáreas, isto é case o duplo do previsto para 2032. A maiores nos últimos tempos unha nova especie de eucalipto, o Eucalyptus nitens, veuse sumar aos plantíos xa existentes, xunto cos que medran fora de ordenamento, isto é, asilvestrados e ventureiros, o que permite que a día de hoxe se poda estar a falar de que o eucalipto estaría a ocupar unha extensión próxima ás 600.000 hectáreas.

Este forte incremento vese favorecido pola aposta por un modelo de explotación do monte intensamente forestalista, que aposta pola plantación de especies de crecemento rápido que non deixan valor acrecentado na nosa terra, xunto coa aplicación dunha Política Agraria Común (PAC) que está contribuíndo a destrución das economías familiares en beneficio das multinacionais mediante a imposición de prezos ridículos o que provoca o abandono do rural e a conseguinte extensión do monocultivo destas especies sobre as terras agrarias abandonadas. Esta ocupación está tamén a atinxir aos espazos protexidos, contravindo a lexislación vixente.

E o mais preocupante é que as plantacións masivas están invadindo as nosas aldeas e lugares co conseguinte perigo de producirse un incendio nas súas proximidades, como moi ben puidemos comprobar o pasado verao, onde na Galiza morreran 4 persoas, mas no veciño Portugal foran mais de 100. Pola nosa seguridade isto non o podemos permitir!!!

Este modelo forestal contribúe a fosilizar importantes cantidades de recursos públicos a través do PLADIGA -plano de loita contra os incendios- que custa anualmente arredor de 150 millóns de euros.

Constátase, ao mesmo tempo, a escasa superficie ocupada polos montes de propiedade pública, cando a vocación destes espazos ten de ser a conservación dos valiosos hábitats naturais, chave para amortecer o cambio climático, que xa temos aquí, a conservación da natureza e a redución do impacto dos lumes forestais.

Por iso esta ILP aposta por un modelo produtivo sustentábel, multifuncional e socialmente inclusivo. Propomos o recoñecemento dos montes veciñais en mao común como unha titularidade distinta da pública e da privada, así como a prohibición de repoboacións forestais en zonas dedicadas a labradío, cultivo, prados e pastos, con independencia da súa cualificación urbanística.

En Base ao anteriormente exposto, mañá manteremos unha reunión cos alcaldes dos concellos de Bergantiños, primeiro, e cos demais grupos municipais, despois,  co obxecto de facerlles entrega da proposta de moción para o seu debate en pleno na que se solicita o apoio da Corporación Municipal á esta ILP, así como animar á veciñanza a apoiala. Ás 19.00 horas, tamén se presentará a ILP nun acto público que terá lugar no Pazo de Cultura da vila de Carballo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s