Convidamos aos Centros de Ensino a celebrar con Cousa de Raíces o Día da Árbore!

Hoxe, 21Celebración dos escolares de A Merca no día da árbore e da auga de marzo, é o Día Mundial da Árbore e do Bosque. Desde a rede de entidades Cousa de Raíces convidamos a todos os centros de ensino de Primaria e Secundaria Galicia a participar con nós na celebración deste día tan especial. A actividade que propoñemos consiste en que o persoal docente e os alumnos/as de cadanseu centro de ensino amosen o seu apoio á defensa do bosque autóctono galego a través dunha foto ou dunha breve curta co cartaz que se apega, elaborado para a ocasión. Todas as imaxes recibidas serán difundidas a través da nosa páxina e das nosas redes sociais. Esta iniciativa tamén pretende dar a coñecer a campaña Cousa de Raíces entre os centros escolares galegos. Aínda que non sexas un centro de ensino, ti tamén podes participar!

campaña_coleCELEBRA O DÍA DA ÁRBORE CON COUSA DE RAÍCES
A proposta consiste en que os alumnos/as e docentes se fagan unha foto co cartaz que adxuntamos, no que se pode escribir o nome do voso centro de ensino e unha frase na defensa do bosque galego. Esa imaxe habería que enviala, posteriormente, ao correo electrónico cousaderaices@gmail.com.

Outra opción de participación é a elaboración dun mini-vídeo (máximo de duración: 20 segundos) no que apareza o cartaz que adxuntamos, xunto cunha mensaxe a favor do noso bosque.

A idea é crear con todas esas fotos e vídeos unha especie de Mapa Galego de alumnado e profesorado comprometido co bosque autóctono, que difundiremos proximamente na nosa web http://cousaderaices.org e nas redes sociais:
Twitter @CousaDeRaices e facebook https://www.facebook.com/CousaDeRaicesGZ/

A través desta iniciativa contribuímos ademais a dar a coñecer nos centros educativos a campaña que desenvolve Cousa de Raíces na defensa e conservación das nosas masas de árbores e o coñecemento sobre a súa necesaria existencia, tamén como recursos produtivos e de creación de emprego.

VISITAS DE GRUPOS ESCOLARES
Alén do anterior, Cousa de Raíces ofrece a estes centros a posibilidade de concertar visitas escolares coas comunidades de montes e outras entidades que participan na rede, co gallo de achegar aos máis novos e novas ao monte, ben para realizar plantacións de frondosas autóctonas en terreos conquistados ao eucalipto ou para eliminar outras especies invasoras.

APOIO NA RECOLLIDA DE SINATURAS DA ILP
Por outra banda, alentamos ao profesorado concienciado coa defensa do bosque
galego, a que se una na recollida de sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais. Pódese solicitar o envío de pregos e consultar o contido da ILP na URL: http://ilpbosques.ga

Advertisements

One thought on “Convidamos aos Centros de Ensino a celebrar con Cousa de Raíces o Día da Árbore!

  1. Pingback: O alumnado galego celebra o Día da Árbore con Cousa de Raíces | Cousa de Raíces

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s